lunes, 21 de diciembre de 2009

Obradoiro "Un dia con Leonardo da Vinci"

O venres, 18 de decembro ás 17:30 h. tivo lugar un obradoiro na sala infantil da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia titulado "Un día con Leonardo da Vinci". Nel, os nenos coñeceron a figura do Leonardo, non so pintor, senón tamén inventor, asi como distintas curiosidades sobre este artista. Despois fixeron un catalexo moi especial, xa que permite, coa luz do día, ver as cousas o revés. Estas son algunhas das fotos dese obradoiro realizado polo grupo Crearte.


Obradoiro árbore de Nadal

Na Biblioteca estamos a facer cos nenos unha árbore de Nadal feito polos nenos que asisten á Biblioteca. Tódolos días fan adornos de Nadal, recortámolos e pegámolos na nosa árbore, que como vedes empezou con poucos adornos, pero agora xa está cheíño de todo, incluso lle puxemos unha estrela moi grande. Cada adorno ten o nome do neno co fixo, e asi vemos o que aportaron cada un. Estas son as fotos:

Contos para falar

O martes, 15 de decembro tivo lugar unha actividade moi interesante no Auditorio da Casa da Cultura. Tratábase do porgrama de dinamización lingüistica, "Bocaberta" Contos para falar que subvenciona a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria coa Editorial Rodeira, e en colaboración coa Concellalía de Cultura e Educación de Ribadavia. Esta campaña que consiste na realización dos seguintes obradoiros: dúas montaxes narrativas e musicais –unha para nenos de 3 a 6 anos e outra, de 6 a 9 anos– e unha montaxe sobre a Odisea para rapaces de entre 9 e 12 anos. Deste modo asistiron os nenos de preescolar e 1º ciclo de Primaria do Colexio Público Tomás de Lemos e os nenos do CRA Amencer.
O acabar cada neno recibiu un libro da editorial Rodeira e un CD coa música da actividade.
Para o mércores 16 de decembro, estaba programada unha segunda sesión para os nenos de 2º e 3º ciclo de Primaria do Colexio P. Tomás de Lemos, e os nenos do colexio de Arnoia e Cortegada, pero tivo que suspenderse debido a que a Consellería de Educación cancelou as clases para ese día debido ao temporal. Esperemos que se poida cambiar para outro día. Xa vos informaremos.
Polo de pronto estas son algunhas fotos:




martes, 15 de diciembre de 2009

"Os Bolechas"


O sábado 19 de decembro ás 20:00 h. terá lugar unha actuación moi desexada polos nenos de Ribadavia. Achéganse a vila os Bolechas, os famosos personaxes dos contos de Pepe Carreiro, e farannos pasar unha tarde moi divertida no Auditorio da Casa da Cultura.Caramuxo teatro presenta o gran éxito editorial galego. Os Bolechas, unha comedia musical con monicreques. Un espectáculo que nos amosará un día na vida desta divertida familia, onde coñeceremos as ocorrencias do pequeno Tatá, as travesuras de Chispa, a Braulio e Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e a Carlos, o máis vello dos irmáns.

Obradoiro "Un dia con Leonardo da Vinci"


O vindeiro 18 de decembro ás 17:30 h.terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia un obradoiro titulado "Un día con Leonardo da Vinci" impartido por o grupo Crearte, para nenos de maís de 7 anos. Trátase dunha viaxe ao Renacemento na que descubriremos o útiles que son as matemáticas para facer arte. Afondaremos nas facetas de inventor, científico e artista de Leonardo para rematar descubrindo o misterio do retrato máis famoso do mundo, o da Mona Lisa. Unha divertida e participativa actividade na que os rapaces interpretan as imaxes artísticas, estimulan a creatividade, e establecen conexións entre as artes visuais, as matemáticas, a lingua e a historia. A actividade emprega os fondos bibliográficos de arte e remata cun obradoiro plástico.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Obradoiro "Instantáneas de plastilina"

O venres 4 de decembro ás 17:30 h. tivo lugar o obradoiro "Instantáneas de plastilina" impartido por María Noel. A asistencia foi limitada, xa que para facer este obradoiro é necesario un grupo pequeno para poder impartilo, e é que estiveron nada menos de dúas horas diseñando e dando forma a súa propia ilustraición en plastilina do conto escollido. Un grupo de nenas escolleu un conto dun príncipe e unha princesa, e a verdade é que lles saiu moi ben, senón vede as fotos. Outro grupo, maioritariamente masculino, elixiu un conto sobre o espacio, e así, modelaron naves espaciais, extraterrestres, e un sinfín de naves, e incluso o globo terráqueo visto dende o espacio, moi orixinais!!!. Estas son as fotos, e espero que vos animades a pasalo ben connosco outra vez nun obradoiro o 18 de decembro. Xa vos avisarei, estade atentos, porque tamén vai ser moiii divertido.Ah! e un saúdo a María Noel, que foi encantadora e tivo moita paciencia con todos. Grazas.