jueves, 24 de junio de 2010

Reunión da Asociación de Bibliotecarios Municipais de Galicia

O sábada 19 de xuño tivo lugar unha reunión no Sede Social de Caixanova en Santiago de Compostela. O motivo fundamental da reunión era a creación da Asociación de Bibliotecarios Municipais de Galicia, despois de moitos anos de xuntanzas na que tratábamos de aunar esforzos para solucionar problemas que xurden no día a día do noso traballo.Da reunión saiu a seguinte Xunta Directiva:

Presidente: Bibliotecaria de Foz
Vicepresidente: Bibliotecario de Arteixo
Tesoreiro: Técnico de Arteixo
Secretaria: Bibliotecaria de Sada
Vocales:
-Bibliotecaria de Narón
-Bibliotecaria de Caldas
-Bibliotecaria de Soutomaior
-Bibliotecaria de Ribadavia
E esta é a foto da reunión:

OBRADOIRO A ILLA DO TESOURO

O xoves 17 de xuño tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, un obradoiro titulado "A illa do tesouro" impartido por Amalia Pérez Otero, no cal os nenos viaxaron a unha illa ... A ILLA DO TESOURO onde os rapaces, seguindo os pasos do mapa, tiveron que superar probas (lectura dos contos) para atopar o preciado tesouro: O cofre tiña agochadas unhas sorpresas.
Estas son as fotos da actividade: