martes, 10 de mayo de 2016
Dia das Letras Galegas
Programa actividades da Biblioteca para o 17 de maio, Dia das Letras Galegas, na Praza Maior:
- Exposición Libros de Manuel María
-Exposición libros en galego novidades na Biblioteca
-Exposición carteleria Día das Letras Galegas.
-Actividade infantil: Contacontos Titiricleta de Anxo Moure as 12:00 h.
A TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chega á biblioteca e irá á Praza Maior de Ribadavia o 17 de maio ás 12:00 h., pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala... Levará as nenas e os nenos de viaxe a mundos fantásticos, na procura da paz.
Falaredes
O 15 de maio as 17:00 h. na Casa da Cultura, terá lugar un espectáculo-concerto de Pablo Díaz para nenos de 0 a 5 anos titulado "Xente miúda, moita fartura". Esta actividade esta financiada pola Secretaria de Política Lingüística dentro do programa Falaredes
Dia das Letras Galegas
Para o Dia das Letras Galegas a Biblioteca fixo unha mostra bibliográfica sobre o homenaxeado Manuel María e unha exposición da cartelería do Dia das Letras Galegas. Estas son as fotos:
Dia Internacional do Libro
O 23 de abril celebramos o Dia Internacional do Libro cos nenos cunha actividade moi interesante, un contacontos titulado "Madame Bechamel e Signorina Bolognesa" e logo un sorteo de libros. Estas son as fotos:
jueves, 21 de abril de 2016
Dia Internacional do Libro Infantil
O 2 de abril celebramos xunto aos nenos da comarca o Dia Internacional do Libro Infantil cun contacontos teatralizado da man do grupo Tarabelos, que puso en escea "O traxe novo do Rei". Estas son as fotos:
Exposición Carteis Abrente
Este mes exporanse na Casa da Cultura os primeiros carteis da Mostra de Teatro Galego, xerme da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia actual. Estas son as fotos
Actividades Mes dos libros
Este mes levamos a cabo un proxecto para celebrar o Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o Dia do Libro. Esta exposición sobre o teatro, que ten a finalidade de dar a coñecer o mundo do teatro aos nenos, completarase con teatro infantil os días 2 e 23 de abril.
Esta é a exposición:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)