jueves, 23 de abril de 2009

23 de abril, Dia do Libro

Hoxe celebramos o Día do Libro, e dentro das actividades programadas para o mes de abril, hoxe tivemos dúas sesións de contacontos.
As 10:30 h. viñeron os nenos de Preescolar do Colexio Público Tomás de Lemos de Ribadavia, de 3, 4 e 5 anos a unha sesión de contacontos do grupo Tarabelos chamado "Un cheiro de contos", na que os rapaces pasárono moi ben. Estas son as fotos:
As 12:00 h. recibimos a visita dos nenos do CRA Amencer, que os pasaron moi ben vendo os seus contos na exposición, xunto a árbore-conto do bosque encantado, onde se fixeron unha foto. Logo no Auditorio da Casa da Cultura presenciaron un contacontos do gato con botas, tamén do grupo Tarabelos. Estas son as fotos:

miércoles, 22 de abril de 2009

Mes dos libros- A árbore-conto do bosque encantado

Recibimos moitísimos contos para alimentar a nosa árbore-conto do bosque encantado, pos iso, tanto él como a biblioteca estamos moi contentos cos nenos do Colexio Público Tomás de Lemos e do CRA Amencer, por iso teremos un pequeno detalle sorpresa con eles. Polo de pronto os nenos de Preescolar do colexio de Ribadavia e os nenos do CRA (Colexios rurais agrupados) virán o 23 de abril, Dia do Libro, a unha sesión de contacontos na biblioteca, do grupo Tarabelos, titulado "Un cheiro de contos". Estas son as fotos dos contos expostos, que como vedes tivemos que poñer polas paredes, pois as polas da árbore xa estaban moi cheas. Dende aquí grazas a todos tanto nenos como mestres que participaron.

SEMANA DE ACCIÓN MUNCIAL POLA EDUCACIÓN

Esta semana celebramos a campaña "A Gran Lectura" que forma parte das actividades co CME (Campaña Mundial pola Educación) está a levar a cabo en todo o mundo. Toda a semana temos na sala infantil da biblioteca un obradoiro de pintura e lectura dos relatos publicados e ademais facemos unha recollida de sinaturas. Estas son as fotos:

miércoles, 15 de abril de 2009

Semana de Acción Mundial pola Educación

A Semana de Acción Mundial pola Educación coincide este ano ca Semana do Libro, do 20 ao 26 de abril. É unha boa ocasión para recordar que millóns de persoas no mundo non poden disfrutar dun libro simplemente porque non saben ler nin escribir.
No mundo, maís de 774 millóns de persoas adultas son analfabetas e 75 millóns de nenas e nenos non teñen acceso á escola.
Pódes consultar os obxectivos desta campaña, a situación actual mundial, descargar actividades, etc.. na súa páxina web, que é: http://www.cme-espana.org/
A Biblioteca de Ribadavia tamén quere colaborar nesta campaña, asi que nesa semana poremos unha pequena exposición co documento de posicionamento do organismo da Campaña Mundial pola Educación, e faremos unha recollida de firmas para adherirse ás demandas realizadas aos gobernos. Tamén intentaremos facer algunha actividade cos nenos para que se conciencien co tema.

Abril, mes dos libros

Xa sabedes que en abril temos dúas datas importantes, o 2 de abril que é o Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o 23 de abril, que é o Dia Internacional do Libro.
O 2 de abril tivemos un obradoiro de marcapáxinas conmemorativo do Dia do Libro Infantil.
O longo de todo o mes estamos facendo unha actividade paralela na biblioteca, en colaboración co colexio Tomás de Lemos de Ribadavia e o CRA Amencer. Colocamos no hall da biblioteca un árbol-conto do bosque encantado "made in casa" cun comunicado que podedes ler na foto de abaixo e convocamos a tódolos nenos para que colgasen das súas polas os seus contos inventados, previa entrega nos colexios dunha fichas-guías para elaborar o seu conto. O final colocarémolos nas paredes dado o peso dos contos dos nenos, xa que a colaboración é moita, e dende aqui, quérollo agradecer os mestres e os nenos.
O 23 de abril, virán a visitar o árbol exposto cos seus contos e asistirán a un contacontos (dúas sesións) da man do grupo Tarabelos e titulado "Un cheiro de contos" os nenos de Preescolar e os do CRA Amencer. Estas son as fotos da exposición do árbol-conto do bosque encantado. A partir do 23 de abril ensinareivos as fotos cos nenos e o contacontos.