miércoles, 15 de abril de 2009

Semana de Acción Mundial pola Educación

A Semana de Acción Mundial pola Educación coincide este ano ca Semana do Libro, do 20 ao 26 de abril. É unha boa ocasión para recordar que millóns de persoas no mundo non poden disfrutar dun libro simplemente porque non saben ler nin escribir.
No mundo, maís de 774 millóns de persoas adultas son analfabetas e 75 millóns de nenas e nenos non teñen acceso á escola.
Pódes consultar os obxectivos desta campaña, a situación actual mundial, descargar actividades, etc.. na súa páxina web, que é: http://www.cme-espana.org/
A Biblioteca de Ribadavia tamén quere colaborar nesta campaña, asi que nesa semana poremos unha pequena exposición co documento de posicionamento do organismo da Campaña Mundial pola Educación, e faremos unha recollida de firmas para adherirse ás demandas realizadas aos gobernos. Tamén intentaremos facer algunha actividade cos nenos para que se conciencien co tema.

No hay comentarios: