miércoles, 15 de abril de 2009

Abril, mes dos libros

Xa sabedes que en abril temos dúas datas importantes, o 2 de abril que é o Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o 23 de abril, que é o Dia Internacional do Libro.
O 2 de abril tivemos un obradoiro de marcapáxinas conmemorativo do Dia do Libro Infantil.
O longo de todo o mes estamos facendo unha actividade paralela na biblioteca, en colaboración co colexio Tomás de Lemos de Ribadavia e o CRA Amencer. Colocamos no hall da biblioteca un árbol-conto do bosque encantado "made in casa" cun comunicado que podedes ler na foto de abaixo e convocamos a tódolos nenos para que colgasen das súas polas os seus contos inventados, previa entrega nos colexios dunha fichas-guías para elaborar o seu conto. O final colocarémolos nas paredes dado o peso dos contos dos nenos, xa que a colaboración é moita, e dende aqui, quérollo agradecer os mestres e os nenos.
O 23 de abril, virán a visitar o árbol exposto cos seus contos e asistirán a un contacontos (dúas sesións) da man do grupo Tarabelos e titulado "Un cheiro de contos" os nenos de Preescolar e os do CRA Amencer. Estas son as fotos da exposición do árbol-conto do bosque encantado. A partir do 23 de abril ensinareivos as fotos cos nenos e o contacontos.

No hay comentarios: