viernes, 18 de abril de 2008

Visita C.R.A. Amencer

O día 18 de abril tivemos a visita dos nenos do C.R.A. Amencer (San Cristovo, Francelos, Sampaio e Beade) , con motivo do Mes dos Libros. Ademaís de ver a exposición "Biblioteca de Libros Fantásticos" , asistiron a unha sesión de contacontos titulada "Biblioteca de contos fantásticos". Estas son as fotos.






















Contacontos Dia do Libro

O 2 de abril recibimos a visita de nenos de Preescolar de 3 e 4 anos do Colexio Público Tomás de Lemos, para celebrar o Dia do Libro Infantil e Xuvenil. Ademais de visitar a exposición Biblioteca de Libros Fantásticos, asistiron a unha sesión de contacontos do grupo Títeres Cachirulo. Estas son as fotos.







jueves, 27 de marzo de 2008

ACTIVIDADES MES DOS LIBROS

O mes de abril, e o mes dos libros xa que celebramos o 2 de abril o Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o 23 de abril o Dia Internacional do Libro.
Por ese motivo a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia ten varias actividades previstas. En todo o mes poderase visitar a exposición "Biblioteca de Libros Fantásticos".

Esta exposición conta cunha serie de libros tratados plasticamente para que nos evoquen historias de cada un deles. Cada libro acompáñase dun texto que narra o que lle sucedeu. Os libros fantásticos son o resultado dun extenso traballo no mundo da narración oral e da animación á lectura. Están concibidos coa intención de achegar o obxecto-libro ao público baixo unha mirada aberta que estimule a imaxinación, invitando aos visitantes a que inventen aventuras a través destes libros ou que creen os seus propios .

O día 2 de abril recibiremos a visita dos nenos de Prescolar do Colexio Público Tomás de Lemos, e ademais de ver a exposición "Biblioteca de Libros Fantásticos" teremos unha sesión de contacontos a cargo do grupo Títeres Cachirulo.
O día 21 de abril recibiremos un segundo grupo de nenos de Prescolar do mesmo colexio e tamén un grupo de nenos de 1º de Primaria para un obradoiro de creación dun conto a cargo do grupo Títeres Cachirulo.

O día 19 de abril ás 20:30 h. terá lugar a representación teatral "Un avó especial" do grupo Migallas Teatro. É un espectáculo no que se aborda o tema da enfermidade do Alzheimer co obxectivo de axudar a comprender situacións que moitas familias poden vivir no seu contorno. Malia a seriedade do tema que trata ten un enfoque humorístico que persegue fomentar actitudes optimistas para afrontar os problemas da doenza e amosar a importancia que teñen os nenos e nenas para que os maiores vivan momentos felices. Á parte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre nenos e vellos en xeral así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia. Os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e os medios de comunicación. Ditos tradicionais, lerias e enredos son un elemento máis da obra.

O 26 de abril ás 20:30 h. terá lugar a representación da obra "Unha de amor" do grupo Artello Teatro. Os animais que moran nunha pequena vila viven atemorizados pola inquedante presenza dun conveciño díscolo, o Gato Gaiado. A él atribúen os crimes máis arrepiantes e a orixe de tódalas desgrazas que alí acontecen.
Coa chegada da Primavera, unha xove e ousada andoriña consegue o nunca visto: ante o abraio de todo o vecindario, o Gato Gaiado sorríu. A partir dese momento, desenvólvese unha relación entre o Gato e a Andoriña que convulsiona a esa comunidade.

lunes, 10 de marzo de 2008

OBRADOIRO VIVIR OS CONTOS


O venres 14 de marzo ás 18:00 h. terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia (sita na Casa da Cultura) un obradoiro enmarcado no programa Letras Vivas Animación, titulado "Xogar cos sentidos", do grupo Anias Animación Sociocultural. En él os rapaces traballaran os sentidos a partir de contos tradicionais e actuais.

Está dirixido a rapaces entre 4 e 8 anos, e tan só poderan apuntarse 25 nenos.

lunes, 11 de febrero de 2008

Encontro de Axoúxeres

O día 10 de febreiro ás 17:00 h. tivo lugar na Casa da Cultura de Ribadavia, o "Encontro de Axoúxeres" organizada pola Biblioteca Pública Municipal, na que a cantante Uxía actuou para nenos da vila de entre 0 e 3 anos xunto cos seus pais. Estas son as fotos de esta tan entrañable actuación.

martes, 29 de enero de 2008

Actividades Entroido Casa da Cultura

Fotos do obradoiro de máscaras da Biblioteca Pública Municipal, do obradoiro de traxes da comparsa da Casa da Cultura e de ditos disfraces xa terminados. Como vedes os instrumentos musicais foron feitos tamén por nos.










A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia levará a cabo un obradoiro de máscaras de entroido para o público infantil na semana do 28 de xaneiro ó 1 de febreiro.
Paralelamente na Casa da Cultura estase a facer un obradoiro de disfraces para os nenos e os pais da Escola de Música e o Conservatorio de Música. Ditos disfraces son os que se luciran na comparsa da Casa da Cultura que sairá o venres día 1 de xaneiro pola vila de Ribadavia e finalizará cunha merenda. Este ano o disfraz é de orquesta, pola cal se están elaborando os traxes de "pingüino" e tamén os instrumentos musicais en papel cartón.