martes, 20 de mayo de 2008

FOTOS ACTIVIDADES DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 16 de maio tivo lugar o obradoiro "Os meus libros" do grupo Xaraiva, ás 19:00 h. dentro do programa Letras Vivas Animación. Estas son as fotos dos participantes, que por certo sairan no periódico "La Región" o mércores 21 de maio no suplemento escolar.

O 17 de maio tivo lugar na Praza Maior de Ribadavia os actos polo Dia das Letras Galegas. Físoxe unha exposición de libros en galego da biblioteca, un obradoiro de marcapáxinas para nenos e a lectura continua da obra de Xosé Mª Álvarez Blázquez no salón de plenos do Concello. As 20:00 h. finalizaronse os actos deste día coa representación teatral de "Un agasallo para Xaquín". Estas son as fotos.

sábado, 17 de mayo de 2008

DIA DAS LETRAS GALEGAS

O día 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Por eso a Biblioteca Pública Municipal e a concellalía de Cultura van realizar varias actividades para nenos e maiores.

Xa o 16 de maio dentro do programa Letras Vivas Animación realizou para os nenos un obradoiro "Os meus libros" polo grupo Xaraiva na biblioteca.

O 17 de maio a partir das 11 h. farase unha exposición de libros da biblioteca en galego, na Praza Maior de Ribadavia. Exporase tamén un mural feito artesanalmente para conmemorar este día.

A partir das 12 h. empezará a lectura da obra de Xosé María Álvarez Blázquez, tras agardar un minuto de silencio en memoria do escritor e profesor ribadaviense Xosé Gómez Alfaro, no salón de plenos do Concello de Ribadavia. A mesma hora iniciarase un obradoiro de marcapáxinas para os nenos adicado o Dia das Letras Galegas.

Pola tarde, as 20:30 h. terá lugar a representación de "Un agasallo para Xaquín" do grupo Os Monicreques de Kukas. Espectáculo creado por proposta do Instituto Galego de Consumo que conta a historia de Xaquín, un neno consumista e caprichoso que só se alimentaba de larpeiradas e mercaba sen xeito, ata que o día do seu aniversario vive un pesadelo que o fará reflexionar sobre a súa actitude cambiando os seus hábitos de vida.

viernes, 25 de abril de 2008

Visita Colexio Público Tomás de Lemos 3º e 4º Primaria

O 28 de abril visitaron a exposición "Biblioteca da Libros Fantásticos" os nenos de 3º e 4º de Primaria do Colexio Tomás de Lemos, do grupo escolar da Avenida do Carballiño. Ademais de ver a exposición, visitaron a biblioteca na que se lle informou dos servicios desta e do modo de facerse socio da biblioteca. Tamén cubriron unha enquisa sobre hábitos de lectura e levaron unha ficha da exposición para realizar na clase.










O venres, 25 de abril, visitaron a exposición "Biblioteca de Libros Fantásticos" os nenos do Colexio de Ribadavia, de 3º e 4º curso de Primaria, do grupo escolar da Alameda. Visitaron tamén a sala infantil da Biblioteca Pública Municipal e cubriron unhas enquisas para axudarnos a nos nun futuro a facer unha programación de fomento da lectura, acorde cos seus gustos e hábitos de lectura.





miércoles, 23 de abril de 2008

Visita nenos de 2º de Primaria do Colexio Público Tomás de Lemos

O 23 de abril , Dia do Libro, recibimos a visita de nenos de 2º de Primaria do Colexio Público Tomás de Lemos de Ribadavia. Visitaron a exposición "Biblioteca de Libros Fantásticos" e a biblioteca , concretamente a sala infantil, donde se fixo un sorteo de libros, cos que se agasallou a tres rapaces, para conmemorar o Día do Libro.






martes, 22 de abril de 2008

Visita nenos de Preescolar e 1º de Primaria do Colexio Público Tomás de Lemos

O 21 de abril recibimos a visita de nenos de Preescolar do Colexio Público Tomás de Lemos. Visitaron a exposición Biblioteca de Libros Fantásticos e asistiron a unha sesión de contacontos a cargo do grupo Títeres Cachirulo. Estas son as fotos:


O mesmo día recibimos tamén a visita de nenos de 1º de Primaria do Colexio Público Tomás de Lemos de Ribadavia, que visitaron a exposición de libros e logo asistiron a un obradoiro de creación dun conto a cargo do grupo Cachirulo.

viernes, 18 de abril de 2008

Visita C.R.A. Amencer

O día 18 de abril tivemos a visita dos nenos do C.R.A. Amencer (San Cristovo, Francelos, Sampaio e Beade) , con motivo do Mes dos Libros. Ademaís de ver a exposición "Biblioteca de Libros Fantásticos" , asistiron a unha sesión de contacontos titulada "Biblioteca de contos fantásticos". Estas son as fotos.