lunes, 30 de noviembre de 2009

Instantáneas de plastilina





O 4 de decembro ás 17:30 h. na Sala Infantil da biblioteca terá lugar un obradoiro de María Noel para nenos de maís de 7 anos. Con axuda da imaxinación crearan o seu mundo de plastilina feito de personaxes e escenarios fantásticos e levarano a casa nunha foto como recordo titulado "Instantáneas de plastilina". Só 15 prazas, asi que mellor apuntádevos na biblioteca ou chamando o 988 47 19 00 (Casa da Cultura).
Esta ilustradora é unha mestra absoluta no manexo da plastilina como obxecto artístico. Vén de ilustrar "O peto da risa" de Eva Lozano Carpente.

Programación Nadal


Este Nadal ven cheo de actividades de animación á lectura para cos nenos do Ribeiro se divirtan coa lectura e cos obradoiros. Esta é a programación.
O 4 de decembro haberá un obradoiro titulado "Instantáneas de plastilina" de María Noel, o 18 de decembro outro obradoiro do grupo Crearte titulado "Un día con Leonardo da Vinci" e o 28 de decembro un contacontos "O duende Sico e os contos do colorín colorado".
Por outra parte faremos o 3º concurso de postais de Nadal, que poderán entregarse na biblioteca ata o 28 de decembro.
Bases do Certamen:
1.Poderán participar tódolos nenos e nenas de Educación Primaria
2.O tema dos debuxos será o Nadal
3.Os debuxos presentaranse na Biblioteca de Ribadavia, en horario de 9:30 a 13:30 h. da mañan e de 16:30 a 21:00 h da tarde, e deberán ir acompañados dos seguintes datos: nome e apelidos, idade e enderezo. O prazo de entrega das postais é ata o 28 de decembro.
4.Tódolos participantes terán un agasallo e establecense 5 premios as tarxetas premiadas. Establecerase un xurado para o fallo do concurso, formado por o concelleiro de cultura, a bibliotecaria e persoal da Casa da Cultura.
5.Os premios entregaranse no Festival das Panxoliñas
6.Tódolas postais serán expostas na Casa da Cultura a partir do 1 de xaneiro.

jueves, 26 de noviembre de 2009

miércoles, 14 de octubre de 2009

Inaguración Sala Infantil

O venres 9 de outubro as 18:00 h. tivo lugar a inaguración da nova sala infantil da biblioteca de Ribadavia e da sala de material audiovisual. Asistiu á inaguración o ilustrador Kiko da Silva, que pintou o mural da sala infantil, o alcalde de Ribadavia, D. Marcos Blanco, o concellal de cultura D. Anxo Collarte, entre outros concellais e a bibliotecaria, por suposto, Teresa Rivela. Os nenos tiveron a súa propia inaguración, pois as 18:30 h. tivo lugar unha sesión de contacontos titulada "A bruxiña sen vasoira" do grupo Altega. Estas son as fotos, e espero que vos guste o mural da sala infantil, que para min quedou xenial. Grazas Kiko.





viernes, 2 de octubre de 2009

INAGURACIÓN NOVA SALA INFANTIL


O venres, 9 de outubro, ás 18:00 h. terá lugar a inaguración da nova sala infantil da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia. Será Kiko da Silva, ilustrador do mural da sala infantil, o encargado de inagurala, xunto o concellal de cultura D.Anxo Collarte e o alcalde D.Marcos. Ás 18:30 h. os nenos terán tamén o seu propio acto inagural cunha sesión de contacontos titulada "A bruxiña sen vasoira" do grupo Altega.
¡Estades todos invitados! Prométovos que encontraredes moitas novidades.
Á vez tamén inaguramos unha nova sala que ubicará bibliografía xeral, materiais audiovisuais e 2 novos postos de ordenadores.

miércoles, 10 de junio de 2009

Obradoiro de Ilustración


O 23 de xuño pola mañán, ás 12:00 h. concretamente (os nenos xa estades de vacacións), teremos na biblioteca un obradoiro de ilustración muy interesante. Recibimos esta vez a visita de Jacobo Fernández Serrano, ilustrador de contos que temos na biblioteca, coma "Sedna, a deusa do mar", "Tres contos maravillosos", "A gardería de dona Bixelmina",o cómic "Os amigos de Archimboldo",etc... Él ensinaravos como fai as ilustracións dos contos e vos mesmos faredes a propia ilustración do voso conto.

"Xogando a ser xornalista"

O martes 9 de xuño tivemos na biblioteca un obradoiro titulado "Xogando a ser xornalista" impartido por Ana María Fernández. O obxetivo era concienciar os nenos da importancia de ler os xornais, e crear en eles o hábito da lectura.
Neste obradoiro os nenos redactaron cada un, unha noticia do día que a eles lle parecía interesante, e houbo de todo, dende noticias de sucesos, ata do corazón. Despois fixéronlle unha entrevista a un pai duns nenos, e cada un foille facendo unha pregunta relativa a cando él era un cativo. Logo, puxéronlle a data, o nome o xornal e crearon a súa propia portada do xornal do día e deixárono exposto na entrada da Casa da Cultura, onde está ubicada a biblioteca. A verdade é que estivo moi interesante e pasárono moi ben. Estas son as fotografías: