lunes, 26 de noviembre de 2007

Actividades fin de semana 30 novembro a 2 de decembro


O fin de semana iniciase con moito deporte para a xuventude de Ribadavia, xa que dende o venres 30 de novembro ata o 2 de decembro levarase a cabo un programa chamado "Ruando, deporte para todos". O horario será de 11:00 h a 14:00 h de mañá, e de 16:30 h. a 20:00 h. da tarde.
E unha carpa de 600 metros cadrados que pretende promocionar o deporte de base nas diferentes vilas e cidades galegas. Ademais de poder practicar ata unha decena de deportes (entre eles o fútbol-sala, o fut-tenis, o balonvolea, o bádminton ou o baloncesto) os pequenos e as pequenas que se acheguen á carpa poden divertirse na zona de inchábeis, na área destinada á práctica de xogos tradicionais ou nos escenarios de animación.


"Ruando, deporte para todos" é unha iniciativa da Dirección Xeral para o Deporte. Segundo anunciou na presentación do proxecto o director xeral deste departamento, Santiago Domínguez Olveira, a iniciativa ten como obxectivo que "a carpa Ruando visite concellos e municipios de toda Galiza onde os nenos e nenas poidan ter máis problemas para acceder á práctica de determinadas modalidades deportivas".





O 1 de decembro as 19:30 h. terá lugar a proxección da película "Autopsia" no Centro Social Escola de Sampaio, no marco do programa Cinemas Dixitais. O argumento vai de que Daniel Casares é un mozo xornalista que se ve arrastrado inicialmente a aceptar un novo posto por indicación do seu xefe, e casualmente relaciona dous casos de asasinato sen resolver. O contacto con Amanda, a atractiva irmán dunha das víctimas, involucrarao máis na investigación. Con axuda do forense chegará ata os verdadeiros asasinos.

No hay comentarios: