O 22 de agosto ás 20:30 h. terá lugar unha sesión de contacontos e un obradoiro na Praza Maior de Ribadavia. Trátase do conto "Irene en Senegal", a nova proposta da colección "Contos do Mundo". Unha vez maís, Irene, unha rapaza filla de cooperantes, achegará ós mais pequenos aspectos da cultura e as xentes deste país africán. A través da realización de talleres de contacontos e o fomento da lectura da obra, preténdese promover entre os rapaces e rapazas actitudes solidarias e valores comprometidos coa igualdade e a xustiza social. Esta actividade será levada a cabo pola organización Solidaridade Internacional de Galicia, coa colaboración da Biblioteca Pública Municipal.
O 5 de setembro, previo as festas do Portal, terá lugar outra sesión de contacontos ás 20:30 h. na Praza Maior de Ribadavia. Trátase de "Contos chegados doutro lugar" a cargo de Mario Tomás. Nesta ocasión o gran Marionetto chega e conta unha historia das que ten recollido polos seus viaxes. Trátase do enlace de diferentes contos orientais, de tal xeito que sexa un conto a continuidade do seguinte. Esta actividade está dentro do programa Letras Vivas Animación, que leva a cabo a Xunta de Galicia en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario