miércoles, 6 de octubre de 2010

Novas adquisicións da Biblioteca

A Biblioteca de Ribadavia incorporou estes días tres novas coleccións o servicio dos usuarios desta biblioteca. Trátase en primeiro lugar, dunha colección de libros en inglés, na cal atopamos dende libros para nenos ata libros para adulto, tanto de temática novelada como de dintintos temas xerais. A creación desta colección é debida á ampla demanda de libros en inglés por parte dos usuarios, dende fai uns anos, que poidese completar os estudos deste idioma.

A outra colección é a de cómics, que xa empezamos a facer o ano pasado, e debido ao seu éxito estamos completando series con novos exemplares que tiveron moita acollida e novas coleccións.

Por último, e non menos importante, unha colección de películas clásicas en DVD. Coa idea de ofrecer os numerosos usuarios cinéfilos, que non atopan en videoclubs, películas antigas en DVD, a Biblioteca decidiu incorporar aos seus fondos dúas coleccións de DVDs, unha titulada "Joyas de cine" composta por 46 DVD, cun total de 138 películas clásicas da historia do cine. A outra colección é "Grandes directores" composta por 20 DVD, cun total de 40 películas de importantes directores coma Alfred Hitchcock, Ingmar Bergman,Luchino Visconti, etc...

No hay comentarios: