martes, 10 de abril de 2012

Exposición Mes de Abril, Día do Libro

Este mes de abril quixemos adicalo a todos aqueles temas interesantes para os nenos na sala infantil da biblioteca, para que souberan que non so se se trata de vir a por contos senon de todas as posibilidades que lles ofrece. Titulámola "Algo maís ca contos" e pusemos un listado: curiosidades, biografías, inglés, historia, cine, etc... Todo en tela.
Aproveitamos restos moi pequenos en tiras do novo campo de herba artificial que están facendo na vila, estivemos en busca de refugallo, e tivemos que pegalas todas con cinta adhesiva, un traballón, pero á ollo parece un trozo de herba grande, a proba, estas fotos:




Esta exposición xa está dende o 30 de marzo que foi o día que nos viñeron a visitar os nenos de Educación Infantil do Tomás de Lemos e o CRA Amencer, dos cales xa vos ensinarei as fotos cando as teña, esto é un adianto da exposición que espero vos guste:


No hay comentarios: