martes, 15 de mayo de 2012
Dia das Letras Galegas
O Dia das Letras Galegas a Biblioteca Pública Municipal contará con distintas actividades para fomentar tanto a lectura entre os mais cativos coma a nosa lingua. Entre as actividades estan:
-Exposición infantil sobre Valentín Paz Andrade na Biblioteca, coa cartelería gañadora do Concurso-Exposición Letras Galegas 2012 de educación primaria que gañou o CEIP ADR Castelao (Rianxo). Como vedes deixámonos levar pola ledicia do sol destes días, e fixemos unha exposición moi primaveral, simulando os libros en galego coma flores que hai que regar se queremos que medren. Estas son as fotos:
Para o 17 de maio na Praza Maior de Ribadavia:
-Exposición cartelería gañadora do Concurso-Exposición Letras Galegas 2012 de edudación secundaria que foi o IES Xoán Montes (Lugo)
-Exposición de libros de Valentín Paz Andrade
-Exposición de libros en galego
-Obradoiro de marcapáxina co motivo do homenaxeado, as 12 h.
-Contacontos da man do grupo Polo correo do vento co ilustrador Carlos Taboada
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario