martes, 25 de noviembre de 2008

A meiga dos contos

O 1 de novembro, como colaboración con Activa-T, os programadores da Noite Meiga en Ribadavia, celebramos a noite meiga infantil. Tivemos na biblioteca un contacontos titulado "a meiga dos contos" da man de Ana María Fernández, ás 18:00 h., que lles contou varios contos, algúns de moito medo. Estas son as fotos, que como vedes, pasárono moi ben.

lunes, 10 de noviembre de 2008

Encontro de Axóuxeres

O 7 de novembro ás 18:00 h. tivo lugar unha nova sesión do Encontro de Axoúxeres, programa da Secretaria Xeral de Normalización Lingüística, no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia. Esta vez os encargados da actividade foron Galitoon e o moneco que idearon para esta actividade, Totó, que fixo as delicias de todos os nenos. Estas son algunhas das fotos, que como vedes, ó entrar poñíanse un pano á cabeza de cores distintas, tamén déronlles unhos axoúxeres os nenos, e moi cómodos, porque podían estar tirados polo chan, cantaron, riron, bailaron, e en fin, pasárono moi ben.

martes, 14 de octubre de 2008

"Contos en cantos"

Do 6 ao 10 de outubro púdose ver na Casa da Cultura a exposición IMAXINOQO dentro do programa "Contos en cantos". A exposición ademaís de carteis dos contos de OQO Editora, contaba con obxetos dos contos coma a avestruz Mariluz, ou a bañeira de Chocolata, e taburetes nos que poder sentarse a ler os contos. Estas son as imaxes da exposición:

O venres 10 de outubro tiveron lugar dous obradoiros, para nenos de entre 5 e 10 anos. Estas son algunhas das fotos:
O que mais gustou da exposición foi o karaoke no que os nenos podían cantar os contos de OQO Editora, cantados por Almudena Janeiro. Estas son as fotos:

O sábado tivo lugar o concerto "Contos en cantos", coa voz de Almudena Janeiro, cun repertorio variado en galego. A Dirección Xeral de Política Lingúistica agasallou os nenos cun libro-cd-dvd Contos en cantos. Estas son as fotos:

miércoles, 1 de octubre de 2008

Programa Contos e Cantos

A Xunta e OQO Editora levaran a cabo en Ribadavia, unha campaña chamada “Contos en cantos” de promoción da lingua galega que combina música e literatura para os nenos. Dita campaña percorrerá municipios de toda Galicia para fomentar o uso da lingua galega entre os mais pequenos a través da combinación de contos, cantos, e obradoiros, en concreto ademais de Ribadavia, estarán en Ourense, Vilalba, Gondomar, Redondela e Cambre.
13 obras da literatura infantil editadas por OQO convertíronse en cancións neste proxecto, que intenta “alimentar o repertorio musical infantil” en lingua galega o tempo que os mais pequenos coñecen estilos musicais doutros paises como Grecia, Brasil ou Arxentina.
O progama comenzará o 6 de outubro cunha exposición na Casa da Cultura, ata o 11 de outubro. O venres, 10 de outubro haberá dous obradoiros, un as 17:30 h. para nenos de 5 a 7 anos, e un as 18:30 h. para nenos de entre 8 e 10 anos. Ambos obradoiros terán unha duración de 50 minutos e tan so admitiran 25 nenos por obradoiro, pola cal teran que anotarse na Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia.
Dita campaña rematará o 11 de outubro ás 12 h. cun concerto no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia coa intención de “alimentar o repertorio musical infantil” en lingua galega.

Contacontos Mario Tomás

O 5 de setembro ás 20:00 h. no Salón de plenos do Concello de Ribadavia (debido a choiva) houbo unha sesión de contacontos dentro do programa Letras Vivas Animación, a cargo de Mario Tomás, titulada "Contos doutro lugar". Estas son as fotos

lunes, 25 de agosto de 2008

Contacontos Irene en Senegal

O venres 22 de agosto ás 20:30 h. na Praza Maior de Ribadavia, organizouse un contacontos da man de "Solidaridad Internacional de Galicia" titulado "Irene en Senegal". Estas son as fotos da dita actividade, na que como vedes os nenos pasárono moi ben. Tamén fixemos unha pequena exposición de libros emprestados pola "Fundación Germán Sánchez Ruiperez" que complementan o programa de sensibilización entre os rapaces da comarca, para promover actitudes solidarias e valores comprometidos coa igualdade e a xustiza social










martes, 29 de julio de 2008

ANIMACIÓN Á LECTURA EN VERÁN

Durante todo o verán parte da biblioteca trasladarase a Piscina Municipal de Ribadavia. Nela montouse unha bibliopiscina, que consta dunha pequena carpa na que os nenos poden facer multitude de actividades entre baño e baño, dende ler contos, debuxar e colorear láminas, xogar con xoguetes, etc...
O 22 de agosto ás 20:30 h. terá lugar unha sesión de contacontos e un obradoiro na Praza Maior de Ribadavia. Trátase do conto "Irene en Senegal", a nova proposta da colección "Contos do Mundo". Unha vez maís, Irene, unha rapaza filla de cooperantes, achegará ós mais pequenos aspectos da cultura e as xentes deste país africán. A través da realización de talleres de contacontos e o fomento da lectura da obra, preténdese promover entre os rapaces e rapazas actitudes solidarias e valores comprometidos coa igualdade e a xustiza social. Esta actividade será levada a cabo pola organización Solidaridade Internacional de Galicia, coa colaboración da Biblioteca Pública Municipal.
O 5 de setembro, previo as festas do Portal, terá lugar outra sesión de contacontos ás 20:30 h. na Praza Maior de Ribadavia. Trátase de "Contos chegados doutro lugar" a cargo de Mario Tomás. Nesta ocasión o gran Marionetto chega e conta unha historia das que ten recollido polos seus viaxes. Trátase do enlace de diferentes contos orientais, de tal xeito que sexa un conto a continuidade do seguinte. Esta actividade está dentro do programa Letras Vivas Animación, que leva a cabo a Xunta de Galicia en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia.