lunes, 24 de mayo de 2010

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para celebrar o Dia das Letras Galegas, fixemos no hall da biblioteca unha exposición cun mural sobre o Dia das Letras Galegas, que xa sabedes que este ano están adicadas a Uxío Novoneyra. Esta é a foto da exposición:

O 17 de maio fíxemos na Praza Maior varias actividades, ademaís da lectura continuada ca obra de Uxío Novoneyra que organizaba o Centro de Estudos Medievais, a biblioteca levou a cabo unha exposición de libros en galego e libros de Uxío Novoneyra que ten a biblioteca. Ademais agasallamos aos que alí se acercaron con exemplares de libros en galego. Para os mais cativos houbo un obradoiro do grupo Eduvía titulado "Gran Xogo do Dia das Letras Galegas" co cal os nenos divirtíronse moito pois os monitores fixeron 3 grupos que tiñan que competir entre si en diversas probas moi divertidas. Estas son as fotos da exposición de libros e do obradoiro:





No hay comentarios: