lunes, 24 de mayo de 2010

Fotos actividades mes de abril, mes dos libros

Rematou o mes de abril, e tamén tódalas actividades que programamos ó carón do proxecto, "Abril, mes dos libros, educando en valores".
Xa vos ensinei as fotos da exposición, agora vouvos ensinar fotos de como quedou a exposición o derradeiro día de abril, despois de abrir tódalas pestaniñas dos días do calendario de abril, que como xa sabedes, cada día correspondía a un libro cun valor determinado. Estas son as fotos:







O 23 de abril, celebramos o Dia do Libro con dous contacontos teatralizados do grupo Tarabelos, titulado "Sabela e o páxaro máxico". Asistiron en dúas sesión consecutivas, nenos do CRA Amencer, e do Colexio Público Tomás de Lemos de Ribadavia. Estas son as fotos, e perdoade a calidade delas, estaba moi escuro o auditorio da Casa da Cultura:








O 30 de abril rematamos cun obradoiro de Ana María Fernández titulado "O planeta das palabras", estas son as fotos:

No hay comentarios: