martes, 11 de diciembre de 2007

Actividade fin de semana 14-16 de decembro

O día 14 de decembro ás 19:30 h. na Casa da Cultura de Ribadavia, terá lugar a proxección da película "Pataghorobi" dentro do programa Cinema Dixital.

“Pataghorobí” é un proxecto de telefilme seleccionado por TVG debido ao seu interese cultural. O guión e argumento deste telefilme parten do relato homónimo de Xosé Cid Cabido, integrado no seu libro “Oralmente pola boca” (Edicións Xerais de Galicia, 1997). Este autor de recoñecido prestixio nas letras galegas xa obtivo, entre outros recoñecementos, o Premio Café de Catro a Catro de novela curta 1987, o Premio Cidade de Lugo 1991, o Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 1992 e o Premio Blanco Amor en 1994.
Con esta produción queremos inaugurar unha serie de telefilmes baseadas en textos literarios de autores galegos contemporáneos.

Argumento

Xabier é un escritor vigués que un día recibe unha estraña carta. Nela pídeselle que a faga circular a fin de mellorar a súa sorte, máis tamén se lle advirte que, de non facelo antes das 96 horas seguintes á súa recepción, a mala sorte apoderarase del. É unha carta encadeada promovida por un misioneiro de nome estrambótico, Sual Arttic Croop. Xabier non dá máis importancia que a de arquivar unha copia como posible inspiración para un futuro relato. Logo desfaise da orixinal.Ese mesmo venres Xabier sae de copas, e se atopa cun curioso personaxe da súa infancia: o Jobino, fillo dunha muller do barrio que perdera a razón cando o seu home desapareceu, é á que chamaban “A Pataghorobí”. Levaba vinte anos en Venezuela, e volveu para o enterro do seu tío Endalecio.Xavier e mailo Jobino adéntranse xuntos na noite viguesa. Para sorpresa do escritor, o Jobino manéxase con soltura e naturalidade na movida nocturna, ata o punto de facerlle sombra e “levantarlle” o seu ligue: unha moza á que coñeceremos como “A Moderna”.Cando Xabier se dispón a marchar para deixarlle pista libre ó Jobino coa rapaza, este pídelle un derradeiro favor: precisa que lle permita durmir na súa casa coa Moderna.A regañadentes, Xabier consinte. O día seguinte Xabier descobre unha terrible escena na súa cas: a moza xace.Xabier é o único sospeitoso, e como tal é encadeado.Pasou un mes. Agora a moza, “A Moderna”, áchase nun coma profundo. Ó Jobino non o volveu ver mais e, segundo a policía, non é fillo da Pataghorobí. Baixo o corpo ensanguentado da muller foi atopada unha nota: “Agora xa é tarde. S.A.C.”
Agora Xabier lembra a carta.



O domingo 16 de decembro, ás 17:00 h, na Casa da Cultura de Ribadavia, proxectarase unha película dentro do programa cultural Cine Infantil. A película será "O bosque animado".

Sinopsis

Mentres o ocioso señor D'Abondo e o seu criado Rosendo atravesan a misteriosa e frondosa fraga de Cecebre, o criado sospeita que as árbores teñen vida e non dubida en exclamar "¡Parece que este bosque tivese vida!". Así é en realidade, xa que en canto afástanse, a natureza transfórmase e móstrase en todo o seu esplendor con árbores e animais que viven en alegre e animada harmonía. Con todo a man do home, que todo altérao, traerá ao bosque a desorde e a infelicidade. A colonia de topos empeza a desaparecer, os arboles xa non cantarán as súas cancións que imitan o vento, os gatos rebelásense contra o home e as moscas dedicaranse a incordiar mais do habitual. Na zona máis elevada desta fraga viven nun pazo majestuoso o Señor e a Señora D'Abondo, un matrimonio rico e avaro que moitas veces movidos polos seus propios intereses pon en perigo a vida dos moradores do bosque. A paz do bosque vese rota coa chegada dun novo e estraño inquilino, o Poste, alto e engreído que presume da súa utilidade para os homes. Ao mesmo tempo Furacroyos, ou Furi para os amigos, un simpático, tímido e enamoradizo topo, que ten instalada o seu tobo preto das árbores, pensa no mellor xeito e lugar para declararlle o seu amor a Linda, unha preciosa e decidida topita.

No hay comentarios: