lunes, 3 de diciembre de 2007

Progamación semana 3-9 decembro


Dentro do programa Cinema Dixital terá lugar a proxeción da película "Condenado a vivir" de Roberto Bodegas, na Casa da Cultura, o día 6 de decembro ás 18:30 h.


Trata da historia de amor de Ramón Sampedro con Ramona Maneiro. Documentada coa colaboración de familiares, amigos , incluso a propia Ramona Maneiro, pretende reflecti-lo ultimo lazo que ataba a Ramón coa vida. O argumento narra como en 1998 a prensa española e extranxeira centra a súa atención nun home que dende o 23 de agosto de 1968 permañece na súa cama tetrapléxico e ó coidado da súa familia. Xa uns anos atrás este mariñeiro en terra reclamara o seu dereito a morrer dignamente, recurrindo nesta ocasión ós tribunais de xusticia. A súa extraordinaria personalidade e a firmeza das súas conviccións marcará a existencia de todos aqueles que son testemuñas da súa loita.


Dentro deste mesmo programa de Cinema Dixital, terá lugar a proxección da película "Entre Bateas" de Jorge Coira, no Centro Social da Fontiña Mariña en Francelos, o 8 de decembro ás 17:00 h.


O filme narra o conflicto que se dá na ría de Arousa entre os antigos contrabandistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto conductor de planeadoras e de Sergio, un antigo amigo seu que opta por pasarse ao tráfico de drogas. A trama complétase coa relación de Mario e a súa muller —que o abandona farta do seu oficio de contrabandista de tabaco— e os conflictos entre as redes de narcotraficantes.
O día 9 de decembro ás 17:00 h. terá lugar na Casa da Cultura de Ribadavia, a representación da obra "A disparatada historia do gran anfitrión" do grupo teatral xuvenil Grupo Laxas de Seixo.






















No hay comentarios: