un concurso infantil de postais de Nadal.
As bases do concurso son:
1.-Poderán participar tódolos nenos e nenas de Educación Primaria
2.-O tema dos debuxos será o Nadal
3.-Os debuxos presentaranse na Biblioteca de Ribadavia, en horario de 9:30 a 13:30 h. da mañan e de 17:30 a 21:00 h da tarde, e deberán ir acompañados dos seguintes datos: nome e apelidos, idade e enderezo. O prazo de entrega das postais é ata o 28 de decembro.
5.-Establecerase un xurado para o fallo do concurso, formado por o concelleiro de cultura, a bibliotecaria e persoal da Casa da Cultura.
7.-Tódolas postais serán expostas na Casa da Cultura a partir do 1 de xaneiro.
O grupo Xaraiva é o encargado xunto co persoal da Casa da Cultura de levar a cabo distintas actividades de lecer para os nenos, que van dende obradoiros según as idades dos nenos, ata Karaoke, cine, etc... O 28 de decembro pola tarde faranse xogos populares na Alameda dende as 16:30 h, e o 4 de xaneiro pola tarde celebrarase unha festa de fin de ludoteca na que terán que participar os pais dos nenos.
Este ano como novidade, a ludoteca levarase tamén os distintos pobos do concello de Ribadavia, concretamente, a San Cristovo o martes 18 de decembro, a Francelos o mércores 19 de decembro e a Sampaio o xoves 20 de decembro. En todos os pobos o horario será de 16:30 h. a 18:30 h.
MUNICIPAL DE RIBADAVIA
O xoves 20 de decembro ás 20:00 h. terá lugar o concerto de Nadal
que o conservatorio municipal soe dar nestas datas.
Participarán todos os nenos da Escola de Música e do Conservatorio, e decir nenos dende os 4 anos en adiante.
O repertorio será variado e dacordo coa idade dos nenos, xa que os cativos de música e movemento cantarán panxoliñas vestidos de reis os nenos e de pastoras as nenas, mentras cos maiores amosarannos os seus avances co instrumento musical escollido.
- TEATRO MOFA E BEFA. O sábado 29 de decembro ás 20:30 h. representarán a obra "Sempre ao lonxe" no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia. Prezo 2 euros
- FESTIVAL DE PANXOLIÑAS. O domingo 30 de decembro ás 18:00 h. no Auditorio da Casa da Cultura.
- Concerto de Nadal por Camerata Ad Libitum. O domingo 30 de decembro ás 20:00 h. na Igrexa de San Francisco. Organizado pola Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario