jueves 15 de marzo de 2012

Programación Mes de abril, mes dos libros

Xa sabedes que no mes de abril celébranse o Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o Dia Internacional do Libro (2 e 23 de abril), e coma sempre a Biblioteca Pública Municipal vai levar a cabo distintas actividades.
Farase unha exposición titulada "Algo mais ca contos" para informar das posibilidades de lectua da sala infantil da biblioteca.
O 30 de marzo teremos un contacontos teatral da man do grupo Tarabelos, titulado "O traxe do emperador", para nenos de Educación Infantil, que adiantamos debido a que o 2 de abril coincide coa Semana Santa e os nenos xa están de vacacións.



O 23 de abril teremos outra actividade, o grupo Titereficios trae a obra "Gofken e o libro máxico" para os nenos de Primaria.



Por último faremos por primeira ver un proxecto de bookcrossing con alumnos do CPI Tomás de Lemos o 10 de abril. Que é bookcrossing ? É a Biblioteca Mundial. É a web dunha rede social intelixente. É a festa da literatura e un lugar onde os libros cobran unha nova vida. BookCrossing é o acto de dar a un libro unha identidade única, de maneira que, como o libro pasa de lector a lector, podense seguilo e interconecta aos seus lectores. Agora mesmo hai 1.000.932 bookcrossers e 8.498.091 libros viaxando por 132 países. E dentro de pouco serán mais porque a biblioteca de Ribadavia xunto cos alumnos do CPI liberaran libros xuvenís para quen os queira ler e logo volver a liberar. Se queres mais información podes entrar na súa páxina web, www.bookcrossing.com

jueves 2 de febrero de 2012

Fantástico corto de animación


Inspirado na mesma medida, polo furacán Katrina, Buster Keaton, El Mago de Oz, e un amor polos libros, "Morris Lessmore" é unha historia de persoas que adican a súa vida aos libros e os libros devolvenlle o favor. Morris Lessmore é unha alegoría conmovedora e humorística sobre os poderes curativos das historias. Usando unha variedade de técnicas (miniaturas, animación polo ordenador, animación en 2D) foi galardonado o autor/ilustrador Willian Joyce e o Co-director Brandon Oldenburg que presentan unha experiencia narrativa nova ainda que se remonta ás películas mudas e os musicais da MGM en Technicolor.

"The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore" (Los fantásticos libros voladores de Mr. Morris Lessmore) é un dos cinco cortometraxes de animación considerados como mellores películas do 2011 na 84 ª Premios da Academia.
Disfrutade del:

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore from Moonbot Studios on Vimeo.

miércoles 18 de enero de 2012

Visita do CRA Amencer

O 20 de decembro tivemos unha visita dos alumnos do CRA Amencer, os cales estiveron vendo a exposición de Nadal e fixeron un obradoiro de adornos de Nadal para a árbore de fieltro que estaba na exposición. Tamén se lles fixo o carnet de usuario da biblioteca. Estas son as fotos:




Os nenos quixeron ensinar orgullosos os seus carnets de biblioteca:

Exposición Convivindo culturas no Nadal

Este ano a Biblioteca quería amosar as distintas creenzas que existen no Nadal, e expresar que ante todo temos que respetar as distintas culturas sexan do tema que sexan. Asi que, fixemos en fieltro a Papa Noel, un Rei Mago e ao Apalpador, e contámoslles aos nenos outras figuras do Nadal noutros paises ou rexións. E de paso, expusemos os libros con temática do Nadal que ten a biblioteca. Estas son as fotos:


Concurso Postais de Nadal

Estas son as postais gañadoras do Concurso de Postais de Nadal da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, son as dos nenos Helena Meiriño Salgado, Noa Martinez García e Ismael Sotelo. Noraboa a todos.



Tamén tiveron un premio de entre os colexios participantes, 5º B do CPI Tomás de Lemos e o CRA Amencer, que foron tamén agasallados cun lote de libros.

jueves 15 de diciembre de 2011

Novo Premio María Moliner

A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, volveu a ser agraciada por terceira vez cun dos premios Maria Moliner aos mellores proxectos de animación á lectura en bibliotecas. O proxecto premiado foi o que se levou a cabo no mes de abril, o mes no que se conmemora o Dia Internacional do Libro e o Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, "O cómic, outro modo de ler". Dende aqui, agradecerlle á comunidade educativa do Ribeiro, CRA Amencer e CPI Tomás de Lemos, que colaboraron conmigo traendo aos rapaces dos devanditos colexios a facer as actividades que lles propusen.Por se non vos acorda como era aquel proxecto, ahí van algunhas fotos:




martes 8 de noviembre de 2011

O MAGOSTO NA BIBLIOTECA

Esta semana empezamos a celebrar o magosto con dúas actividades. Da semana do 7 ao 11 de novembro temos unha exposición sobre o magosto, da cal os ensinamos as fotos. Tamén faremos tódalas tardes na sala infantil da biblioteca un obradoiro de marcapáxinas con imaxes alusivas ao magosto. Estas son as fotos da exposición: