jueves, 15 de diciembre de 2011

Novo Premio María Moliner

A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, volveu a ser agraciada por terceira vez cun dos premios Maria Moliner aos mellores proxectos de animación á lectura en bibliotecas. O proxecto premiado foi o que se levou a cabo no mes de abril, o mes no que se conmemora o Dia Internacional do Libro e o Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, "O cómic, outro modo de ler". Dende aqui, agradecerlle á comunidade educativa do Ribeiro, CRA Amencer e CPI Tomás de Lemos, que colaboraron conmigo traendo aos rapaces dos devanditos colexios a facer as actividades que lles propusen.Por se non vos acorda como era aquel proxecto, ahí van algunhas fotos:




martes, 8 de noviembre de 2011

O MAGOSTO NA BIBLIOTECA

Esta semana empezamos a celebrar o magosto con dúas actividades. Da semana do 7 ao 11 de novembro temos unha exposición sobre o magosto, da cal os ensinamos as fotos. Tamén faremos tódalas tardes na sala infantil da biblioteca un obradoiro de marcapáxinas con imaxes alusivas ao magosto. Estas son as fotos da exposición:


jueves, 9 de junio de 2011

Proxecto de animación á lectura para a Terceira Idade

O martes 7 de xuño a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, levou a cabo un programa de animación á lectura no Asilo Fundación Nosa Señora dos Anxos. Primeiro tiveron un contacontos con monicreques da man de Títeres Cascanueces coa obra "A rúa das pantasmas" e ao terminar físoxe a entrega dos carnets da biblioteca para aqueles que na visita á biblioteca o solicitaran. Tamén se inagurou unha estantería con libros para que eles ollaran e leran os que lles cobizaran, os cales serán mudados cada certo tempo. Estas son as fotos da actividade.





jueves, 19 de mayo de 2011

Dia das Letras Galegas

O 17 de maio celebramos o Dia das Letras Galegas, e a Biblioteca Pública Municipal mudou de escenario para celebrar o devandito día, concretamente na Praza Maior. Primeiro colaboramos co Centro de Estudios Medievais na lectura continuada da obra do homenaxeado este ano, Lois Pereiro. Paralelamente fixemos unha exposición de libros en galego da biblioteca asi coma agasallo de libros en galego, que por certo foi unha iniciativa moi eloxiada. Esta biblioteca xunto co persoal de Cultura e Teatro de Vilar, quixemos tamén colaborar ese día coa plataforma "Queremos galego", asi que participamos coa celebración do 75 aniversario da morte de Castelao, coa lectura dramatizada da obra "Os vellos non deben namorarse".
Para rematar o día as 13:00 h, tivo lugar unha actividade para nenos, un contacontos musical da man de Servando titulado "Os contos do bardo Abelardo", cos que os nenos pasárono moi ben, oindo contos e cantando con Servando e o seu acordeón. Estas son as fotos:


martes, 10 de mayo de 2011

Visita CRA Amencer

Tamén o luns 9 de maio, visitaron a exposición sobre a Historia do cómic os nenos do CRA Amencer (Sancristovo, Sampaio e Francelos). Despois de ver a exposición e os seus cómics que presentaron para o concurso de cómics que fai a Biblioteca Pública, asistiron a un contacontos-obradoiro do grupo Polo correo do vento, coa actividade "Carola, a carteira centola", na que Man e Pin fixeron as ledicias dos nenos, un contando o conto e o outro ilustrándoo. Despois fixeron un obradoiro intentando debuxar, baixo a supervisión de Pin (Carlos Alvarez Taboada) ao protagonista do conto. Estas son as fotos:





Visitas Exposición Historia do cómic

O luns 9 de maio tivo lugar a derradeira visita a exposición sobre a Historia do cómic. Esta vez visitáronnos 3º A e 4ª A do Colexio Público Tomás de Lemos. Asistiron primeiro a unha proxección sobre a Historia do cómic e logo a un contacontos-obradoiro do grupo Polo correo do vento, titulado "Carola, a carteira centola" . Esta actividade constaba dun contacontos sobre a centola Carola contada por Mau (Enrique Mauricio) mentras Pin debuxaba, e logo un pequeno obradoiro no que os rapaces, guiados polo debuxante Pin (Carlos Alvarez Taboada) intentaban debuxar ó protagonista do conto. Estas son as fotos:






lunes, 9 de mayo de 2011

Concurso de tiras de cómic

Moitos son os nenos que están a participar no concurso de tiras de cómic da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, dende Primeira Infancia ata 2º da Educación Secundaria, tanto do CRA Amencer coma do Colexio Público Tomás de Lemos. Estas son fotos dalgúns dos participantes:



Visitas Exposición Historia do cómic

Do 27 de abril ao 6 de maio recibimos a visita dos nenos de Primaria do Colexio Tomás de Lemos, concretamente de 1º e 2º de Primaria o 27 de abril, de 3º B e 6º B o 3 de maio, de 6º A e 6º C o 4 de maio, de 5º A e 5º B o 5 de maio e de 4º B e 4º C o 6 de maio. Os escolares visitaron a exposición sobre a Historia do Cómic que facemos na Biblioteca Pública e logo pasaron á Sala Infantil, onde asistiron a unha proxección de imaxes na que narrábamos a historia do cómic en distintas partes do mundo, o tebeo en España, o manga en Xapón, a bande dessinée en Francia e Bélxica, o cómic en EEUU e a banda diseñada en Galicia. Despois asistiron a proxección de dous capitulos de debuxos animados antigos, basados no mundo do cómic. Estas son algunhas das fotos:












Visita da Fundación Asilo Nosa Señora dos Anxos

A finais de marzo tivemos unha visita moi especial, persoas que están no Asilo Nosa Señora dos Anxos. Fixeron unha visita guiada na que veron as novas instalación da Biblioteca Pública e démoslles a coñecer as posibilidades de lectura para a Terceira Idade e para persoas con algunha discapacidade visual. Estas son as fotos da visita:

martes, 5 de abril de 2011

Actividades mes de abril

Xa sabedes que o mes de abril é coñecido como o mes dos libros, xa que celebramos o Dia Internacional do Libro e o Dia do Libro Infantil e Xuvenil. Este ano a Biblioteca vai adicar o mes de abril ao mundo do Cómic.
Entre as actividades destacamos:
-Unha exposición sobre a historia do cómic, na que podedes indagar sobre a historia do tebeo en España,o manda en Xapón, os cómics en Bélxica, Francia e EEUU, do cal vos ofrecemos unhas fotos.
-Unha actividade en colaboración cos colexios da comarca, na que ofertamos ademáis da visita á exposición do cómic, unha ficha explicativa orientada a Primaria e Secundaria, na que lles explicamos como se fai un cómic, a súa estructura, linguaxe, etc...
-Un concurso de tiras ou viñetas de cómics, dirixida a nenos de Primeira Infancia, Pimaria e Secundaria, cuxo premio, por suposto son lotes de libros.
-Un obradoiro de cómic, que terá lugar o 8 de abril ás 18:00 h. impartido polo dibuxante Fran Bueno, dentro do programa Bocaberta, ao que podrán asistir rapaces de 13 a 18 anos, titulado "Galimatías", igual ca revista que se edita.
Estas son as fotos da exposición: