lunes, 17 de diciembre de 2007

ACTIVIDADES NADAL

A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, organiza
un concurso infantil de postais de Nadal.
As bases do concurso son:

1.-Poderán participar tódolos nenos e nenas de Educación Primaria

2.-O tema dos debuxos será o Nadal

3.-Os debuxos presentaranse na Biblioteca de Ribadavia, en horario de 9:30 a 13:30 h. da mañan e de 17:30 a 21:00 h da tarde, e deberán ir acompañados dos seguintes datos: nome e apelidos, idade e enderezo. O prazo de entrega das postais é ata o 28 de decembro.

4.-Tódolos participantes terán un agasallo e establecense 5 premios as tarxetas premiadas.

5.-Establecerase un xurado para o fallo do concurso, formado por o concelleiro de cultura, a bibliotecaria e persoal da Casa da Cultura.

6.-Os premios entregaranse no Festival das Panxoliñas que terá lugar o 30 de decembro ás 18:00 h. na Casa da Cultura de Ribadavia.

7.-Tódolas postais serán expostas na Casa da Cultura a partir do 1 de xaneiro.


LUDOTECA DE NADAL
A Concellería de Cultura coa colaboración do persoal da Casa da Cultura, organiza un ano mais a ludoteca de Nadal, na que poden participar tódolos nenos entre 4 e 14 anos. Serán os días 26, 27 e 28 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro. O horario será de 10:00 h. a 13:30 h. de mañán, e de 16:30 h. a 20:00 h. de tarde.

O grupo Xaraiva é o encargado xunto co persoal da Casa da Cultura de levar a cabo distintas actividades de lecer para os nenos, que van dende obradoiros según as idades dos nenos, ata Karaoke, cine, etc... O 28 de decembro pola tarde faranse xogos populares na Alameda dende as 16:30 h, e o 4 de xaneiro pola tarde celebrarase unha festa de fin de ludoteca na que terán que participar os pais dos nenos.

Este ano como novidade, a ludoteca levarase tamén os distintos pobos do concello de Ribadavia, concretamente, a San Cristovo o martes 18 de decembro, a Francelos o mércores 19 de decembro e a Sampaio o xoves 20 de decembro. En todos os pobos o horario será de 16:30 h. a 18:30 h.


CONCERTO DE NADAL DO CONSERVATORIO DE MÚSICA
MUNICIPAL DE RIBADAVIA

O xoves 20 de decembro ás 20:00 h. terá lugar o concerto de Nadal
que o conservatorio municipal soe dar nestas datas.
Participarán todos os nenos da Escola de Música e do Conservatorio, e decir nenos dende os 4 anos en adiante.
O repertorio será variado e dacordo coa idade dos nenos, xa que os cativos de música e movemento cantarán panxoliñas vestidos de reis os nenos e de pastoras as nenas, mentras cos maiores amosarannos os seus avances co instrumento musical escollido.

ACTIVIDADES FIN DE SEMANA 29-30 DE DECEMBRO


  • TEATRO MOFA E BEFA. O sábado 29 de decembro ás 20:30 h. representarán a obra "Sempre ao lonxe" no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia. Prezo 2 euros

  • FESTIVAL DE PANXOLIÑAS. O domingo 30 de decembro ás 18:00 h. no Auditorio da Casa da Cultura.

  • Concerto de Nadal por Camerata Ad Libitum. O domingo 30 de decembro ás 20:00 h. na Igrexa de San Francisco. Organizado pola Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico.



martes, 11 de diciembre de 2007

Actividade fin de semana 14-16 de decembro

O día 14 de decembro ás 19:30 h. na Casa da Cultura de Ribadavia, terá lugar a proxección da película "Pataghorobi" dentro do programa Cinema Dixital.

“Pataghorobí” é un proxecto de telefilme seleccionado por TVG debido ao seu interese cultural. O guión e argumento deste telefilme parten do relato homónimo de Xosé Cid Cabido, integrado no seu libro “Oralmente pola boca” (Edicións Xerais de Galicia, 1997). Este autor de recoñecido prestixio nas letras galegas xa obtivo, entre outros recoñecementos, o Premio Café de Catro a Catro de novela curta 1987, o Premio Cidade de Lugo 1991, o Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 1992 e o Premio Blanco Amor en 1994.
Con esta produción queremos inaugurar unha serie de telefilmes baseadas en textos literarios de autores galegos contemporáneos.

Argumento

Xabier é un escritor vigués que un día recibe unha estraña carta. Nela pídeselle que a faga circular a fin de mellorar a súa sorte, máis tamén se lle advirte que, de non facelo antes das 96 horas seguintes á súa recepción, a mala sorte apoderarase del. É unha carta encadeada promovida por un misioneiro de nome estrambótico, Sual Arttic Croop. Xabier non dá máis importancia que a de arquivar unha copia como posible inspiración para un futuro relato. Logo desfaise da orixinal.Ese mesmo venres Xabier sae de copas, e se atopa cun curioso personaxe da súa infancia: o Jobino, fillo dunha muller do barrio que perdera a razón cando o seu home desapareceu, é á que chamaban “A Pataghorobí”. Levaba vinte anos en Venezuela, e volveu para o enterro do seu tío Endalecio.Xavier e mailo Jobino adéntranse xuntos na noite viguesa. Para sorpresa do escritor, o Jobino manéxase con soltura e naturalidade na movida nocturna, ata o punto de facerlle sombra e “levantarlle” o seu ligue: unha moza á que coñeceremos como “A Moderna”.Cando Xabier se dispón a marchar para deixarlle pista libre ó Jobino coa rapaza, este pídelle un derradeiro favor: precisa que lle permita durmir na súa casa coa Moderna.A regañadentes, Xabier consinte. O día seguinte Xabier descobre unha terrible escena na súa cas: a moza xace.Xabier é o único sospeitoso, e como tal é encadeado.Pasou un mes. Agora a moza, “A Moderna”, áchase nun coma profundo. Ó Jobino non o volveu ver mais e, segundo a policía, non é fillo da Pataghorobí. Baixo o corpo ensanguentado da muller foi atopada unha nota: “Agora xa é tarde. S.A.C.”
Agora Xabier lembra a carta.



O domingo 16 de decembro, ás 17:00 h, na Casa da Cultura de Ribadavia, proxectarase unha película dentro do programa cultural Cine Infantil. A película será "O bosque animado".

Sinopsis

Mentres o ocioso señor D'Abondo e o seu criado Rosendo atravesan a misteriosa e frondosa fraga de Cecebre, o criado sospeita que as árbores teñen vida e non dubida en exclamar "¡Parece que este bosque tivese vida!". Así é en realidade, xa que en canto afástanse, a natureza transfórmase e móstrase en todo o seu esplendor con árbores e animais que viven en alegre e animada harmonía. Con todo a man do home, que todo altérao, traerá ao bosque a desorde e a infelicidade. A colonia de topos empeza a desaparecer, os arboles xa non cantarán as súas cancións que imitan o vento, os gatos rebelásense contra o home e as moscas dedicaranse a incordiar mais do habitual. Na zona máis elevada desta fraga viven nun pazo majestuoso o Señor e a Señora D'Abondo, un matrimonio rico e avaro que moitas veces movidos polos seus propios intereses pon en perigo a vida dos moradores do bosque. A paz do bosque vese rota coa chegada dun novo e estraño inquilino, o Poste, alto e engreído que presume da súa utilidade para os homes. Ao mesmo tempo Furacroyos, ou Furi para os amigos, un simpático, tímido e enamoradizo topo, que ten instalada o seu tobo preto das árbores, pensa no mellor xeito e lugar para declararlle o seu amor a Linda, unha preciosa e decidida topita.

lunes, 3 de diciembre de 2007

Progamación semana 3-9 decembro


Dentro do programa Cinema Dixital terá lugar a proxeción da película "Condenado a vivir" de Roberto Bodegas, na Casa da Cultura, o día 6 de decembro ás 18:30 h.


Trata da historia de amor de Ramón Sampedro con Ramona Maneiro. Documentada coa colaboración de familiares, amigos , incluso a propia Ramona Maneiro, pretende reflecti-lo ultimo lazo que ataba a Ramón coa vida. O argumento narra como en 1998 a prensa española e extranxeira centra a súa atención nun home que dende o 23 de agosto de 1968 permañece na súa cama tetrapléxico e ó coidado da súa familia. Xa uns anos atrás este mariñeiro en terra reclamara o seu dereito a morrer dignamente, recurrindo nesta ocasión ós tribunais de xusticia. A súa extraordinaria personalidade e a firmeza das súas conviccións marcará a existencia de todos aqueles que son testemuñas da súa loita.


Dentro deste mesmo programa de Cinema Dixital, terá lugar a proxección da película "Entre Bateas" de Jorge Coira, no Centro Social da Fontiña Mariña en Francelos, o 8 de decembro ás 17:00 h.


O filme narra o conflicto que se dá na ría de Arousa entre os antigos contrabandistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto conductor de planeadoras e de Sergio, un antigo amigo seu que opta por pasarse ao tráfico de drogas. A trama complétase coa relación de Mario e a súa muller —que o abandona farta do seu oficio de contrabandista de tabaco— e os conflictos entre as redes de narcotraficantes.
O día 9 de decembro ás 17:00 h. terá lugar na Casa da Cultura de Ribadavia, a representación da obra "A disparatada historia do gran anfitrión" do grupo teatral xuvenil Grupo Laxas de Seixo.