miércoles, 31 de marzo de 2010

A maxia dos soños

O martes 30 de marzo, tivo lugar unha representación moi especial no Auditorio da Casa da Cultura, programada pola Biblioteca Pública Municipal e Letras Vivas Animación. Trátase do contacontos "A maxia dos soños" do grupo A illa d@s nen@s, no cal misturaron un conto con maxia, facendo as ledicias dos nenos. Houbo unha grande participación de público, como vedes nestas fotos:



Obradoiro expreso de banda deseñada

O venres 26 de marzo ás 17:30 h. tivo lugar un obradoiro expreso de banda deseñada a cargo do persoal da editorial Cerditos de Guinea, cuio grupo adicado aos cursos chámase Gochi. Os nenos despois de repasar o mundo do cómic e tódalas súas variantes fixeron unha práctica de cómo se fai un cómic. Estas son as fotos:


jueves, 25 de marzo de 2010

Actividades Semana Santa

Este venres empezamos coas actividades de Semana Santa. O 26 de marzo temos un obradoiro na Biblioteca Municipal as 17:30 h. titulado "Obradoiro expreso de banda deseñada", no cal o grupo Gochi, que teñen a editorial "Cerditos de Guinea", ensinarannos como se fan os cómics, como se debuxan os xestos, como se simula o movemento, etc...


O martes 30 as 18:00 h. teremos o espectáculo de maxia e contacontos misturado titulado “A maxia dos soños” do grupo A illa d@s nen@s. É un conto inédito no que os asistentes disfrutarán dunha fermosa historia que ten como protagonista a un neno que quere ser Mago e a través dun soño moi especial no que lle pasan cousas máxicas e é quen de facer realidade a súa ilusión. Neste espectáculo o conto relátase por unha voz en off e representado por un actor que fai o papel de neno e os distintos personaxes que son monicreques. Para todas as idades. Auditorio da Casa da Cultura.