martes, 29 de enero de 2008

Actividades Entroido Casa da Cultura

Fotos do obradoiro de máscaras da Biblioteca Pública Municipal, do obradoiro de traxes da comparsa da Casa da Cultura e de ditos disfraces xa terminados. Como vedes os instrumentos musicais foron feitos tamén por nos.










A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia levará a cabo un obradoiro de máscaras de entroido para o público infantil na semana do 28 de xaneiro ó 1 de febreiro.
Paralelamente na Casa da Cultura estase a facer un obradoiro de disfraces para os nenos e os pais da Escola de Música e o Conservatorio de Música. Ditos disfraces son os que se luciran na comparsa da Casa da Cultura que sairá o venres día 1 de xaneiro pola vila de Ribadavia e finalizará cunha merenda. Este ano o disfraz é de orquesta, pola cal se están elaborando os traxes de "pingüino" e tamén os instrumentos musicais en papel cartón.

SOS ADOLESCENTES

A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, leva a cabo unha iniciativa cuio obxetivo é informar e facilitar información os xóvenes sobre os problemas da adolescencia, como son as drogas, o alcoholismo, embarazos de xóvenes, anorexia, sexo, etc... Para elo, levouse a cabo a recopilación de bibliografía relacionada con eses temas e montouse un stand especial para que chamara a atención dos xóvenes que veñen á biblioteca. Non se trata so de manuais senón tamén de novelas xuvenís que tratan os mesmos temas, e que para algúns mozos pode ser mais atraintes.

lunes, 14 de enero de 2008

Premios Concurso Postais de Nadal



No festival de Panxoliñas deuse a coñecer os gañadores do I Concurso de Postais de Nadal organizado pola Biblioteca Pública Municipal. Houbo neste concurso 33 participantes de toda a comarca do Ribeiro. Tódalas postais foron expostas na Casa da Cultura de Ribadavia.

Os gañadores foron:
SAMANTHA
HUGO VIÑUELA FORMIGO
LAURA GONZÁLEZ CARREIRO
ANA MARTÍNEZ
ALEX VELOSO

A tódolos participantes entregáronselle un pequeno agasallo, mentres que os gañadores entregouselles un lote de libros e un crebacabezas dos Bolechas. Os agasallos foron entregados polo concelleiro de cultura D. Anxo Collarte. Enhoraboa a tódolos gañadores e esperamos que o vindeiro ano participen mais nenos.

lunes, 7 de enero de 2008

Fotos Nadal 2007

Foto Concerto de Nadal da Escola de Música e Conservatorio Municipal



Fotos Ludoteca Nadal






jueves, 3 de enero de 2008

Actividades semana 1-6 de xaneiro

  • Concerto de Nadal pola Banda da Lira de Ribadavia o 3 de xaneiro ás 20:30 h coa presentación do novo director.
  • Festa infantil de fin de ludoteca o 4 de xaneiro ás 18:00 h. no Pavillón dos Deportes de Ribadavia.
  • Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro ás 19:00 h., saindo dende o Instituto de Bacharelato e percorrendo as rúas da vila ata a Praza Maior de Ribadavia