jueves, 20 de junio de 2013

Novidades Novela

Xa temos na biblioteca a dispor dos usuarios a útlima novela de Dan Brown "Inferno". Brown volve aos misterios históricos co súa personaxe favorita, o profesor de simboloxía Robert Langdon, inspirada en " La Divina Comedia de Dante". Toda a información sobre o libro na páxina web: http://www.infernodanbrown.com /
Outra novidade na biblioteca é a última novela de Sarah Lark "LA isla de las mil fuentes". Nesta novela transportanos agora ata o Caribe e a beleza das súas illas: un novo territorio exótico recreado maxistralmente a través dunha historia familiar fascinante e única.

Novidades sección Cómic

Na sección de cómic incorporamos dous libros imprescindibles, "Miércoles" de Juan Berrio, obra ganadora dol Premio Internacional Fnac-Sinsentido de novela gráfica 2012 e "Ardalén" de Miguelanxo Prado, premiado como a mellor obra de autor español no XXXI Salón Internacional do Cómic de Barcelona e I Premio Zona Cómic como mellor cómic nacional publicado durante 2012.

"Galicia para el mundo" e Ribadavia

Temos a disposición dos usuarios o dvd do programa de " Galicia para el mundo" , que adicaron a Ribadavia titulado "Lo nuestro es puro teatro. Ribadavia", emitido o 18-05-2013e que a productora do programa amablemente non enviou pola colaboración que fixo o persoal da Casa da Cultura e a biblioteca con eles.

Noticias

Toda a semana a tope con actividades, primeiro foi o festival de fin de curso do Conservatorio e Escola de Música Municipal, sito na Casa da Cultura e polo tanto compañeiros nosos, aos cales axudamos sempre a decorar o auditorio, dos que vos amoso a foto. Este ano adicado a Brasil, pois a profesora Brenda cos mais cativos preparou dúas cancións brasileiras. Hoxe pola mañan é o festival de fin de curso do CPI Tomás de Lemos e xa estamos a preparar o San Xoán

Exposición Instrumentos de refugallo

Neste mes a Casa da Cultura acolle unha pequena exposición de instrumentos feitos con material de refugallo polos nenos da Escola de Música Municipal de Ribadavia, en concreto os alumnos de Música e movemento, que son os mais cativos

lunes, 13 de mayo de 2013

Visita escolares de 4º de Primaria

A segunda visita foron dúas clases de 4º de Primaria do CEIP Tomás de Lemos para facer as mesmas actividades que 3º. E con esta actividade rematamos as actividades de conmemoración do mes dos libros. Estas son as fotos

Visita escolares de 3º de Primaria

Nenos de 3º de Primaria visitaron a exposición sobre a colección local e logo fíxenlles unha proxección audiovisual na que aprenderon cousas sobre a historia e a arte de Ribadavia. Logo fixemos un sorteo de camisetas do premio María Moliner e libros. Estas son as fotos:

ACTIVIDADES DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A semana do 13 ao 17 de maio teremos na biblioteca unha mostra bibliográfica de Roberto Vidal Bolaño. O día 17 de maio, a partir das 11,30 h. na Praza Maior de Ribadavia: - Mostra bibliográfica de Roberto Vidal Bolaño na Praza Maior de Ribadavia - Exposición de novidades editoriais en galego existentes na Biblioteca Municipal - Exposición cartelería do Dia das Letras Galegas da Secretaría Xeral de Política Lingüística. - As 12 h. contacontos sobre o Dia das Letras Galegas para os nenos, do grupo Anima Acción, cos monicreques “Os Kiricreques”

jueves, 2 de mayo de 2013

Preparativos Dia das Letras Galegas

Xa estamos a preparar o Dia das Letras Galegas. Faremos unha mostra bibliográfica adicada o homenaxeado Roberto Vidal Bolaño, asi coma de libros en galego. Tamén como non unha actividade para os nenos, pois son o noso futuro, un contacontos da man da compañía Anima-Acción cos Kiricreques, que lles contaran cousas do Dia das Letras Galegas. Xa vos irei informando de mais.

"O aviador"

Uns 130 nenos de Educación Infantil e do CRA Amencer asistiron o 25 de abril ao contacontos "O aviador" da compañía Elefante Elegante para celebrar con nos o Dia do Libro, que coma vedes temos que extender no tempo a celebración para que poidan vir mais nenos. Precioso o contacontos, moi ameno e interactivo cos nenos, misturando unha curuxa de monicreque e teatro de sombras.

Contacontos de libros contentos

Os nenos de 1º e 2º de Primaria do CEIP Tomás de Lemos de Ribadavia asistiron para celebrar o Dia do Libro a unha sesión de contacontos titulada "Contacontos de libros contentos" que Carmen Domech de Títeres Cachirulo levou a cabo no escenario do Auditorio da Casa da Cultura, xa que na sala infantil da Biblioteca non cabían. Ao rematar a actividade fixemos un sorteo de libros e camisetas merchandising do María Moliner. Os nenos pasárono de maravilla cos seus contos, dalgúns libros saía lume, doutros auga e incluso había algún parlanchín.

Proxecto Colección local de Ribadavia

Estas son algunhas das imaxes proxectadas xunto con fotos reais de exteriores e interiores dos monumentos que lles ensinaba aos nenos de 5º e 6º de Primaria do Colexio Público Tomás de Lemos de Ribadavia e lles ía contando á vez cousas curiosas e anécdotas. O dos debuxos dos monumentos que lles fixen era para facelo mais simpático, claro, logo ensinaba as fotos para que viran ben os monumentos, ja, ja... pero foron moi agradecidos que dixeron que os recoñecían ben...

E-readers

Lémbrovos que a biblioteca dispón de 3 ereaders para o seu préstamo, por si queredes probar tanto a lectura en ebook coma navegar por internet xa que dispoñen de wifi. Temos dous modelos, un cunha pantalla mais grande.

Premio María Moliner

Estamos de noraboa, acaban de notificarnos que fomos agraciados con outro Premio María Moliner aos mellores proxectos de animación á lectura. Nos competíamos polas bibliotecas con concellos de entre 5.001 e 20.000 habitantes, co que é dificil competir con bibliotecas con poblacións de case 20.000 habitantes e presupostos moitísimos mais altos, non? Ademais é a cuarta vez que nos dan este premio. Haberá que seguir traballando a ver si conseguimos o primeiro. O proxecto premiado foi "Algo mais ca contos" que levamos a cabo o ano pasado en abril. Deíxovos unhas fotos para lembrar...

Proxecto mes de abril "A colección local da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia"

Xa sabedes que un dos obxetivos primordiais das bibliotecas e dar a coñecer os seus fondos, porque si os usuarios non a coñecen de pouco vale, porque estes fondos non son moi emprestados, as veces por descoñecemento do que temos na biblioteca, por iso é fundamental dinamizar e fomentar os fondos bibliográficos. Esta vez tocoulle a colección local de Ribadavia, por suposto, e a súa comarca. Dende hai uns anos estámonos a facer coa maioría das publicacións sobre Ribadavia e a súa comarca, non so temas relacionados coa mesma, senón tamén de autores da comarca. Montamos pois unha mostra bibliográfica cos fondos da colección local, que se irán mudando cada semana para dar a coñecer a maioría destes. E para facelo mais atractivo os mais cativos, debuxamos, sempre con material reciclado, é decir, cos carteis que xa non valen porque pasaron as datas do que anunciaban, para pintar o mais representativo desta vila, o castelo dos Sarmiento e os xigantes, Don Pedro e Dona Ana. Esta mostra ampliarase con actividades para os nenos. Estas son as fotos da exposición:
Para celebrar o 23 de abril Día Internacional do Libro tivemos unha actividade na biblioteca na que en 3 sesións con nenos de 5º e 6º de Primaria do Colexio Público Tomás de Lemos, asistiron a unha charla sobre a colección local da Biblioteca de Ribadavia. Dun modo ameno e didáctico aprenderon cousas da súa vila, historia e arte sobre todo, e ao finalizar fixemos un sorteo de agasallos, camisetas, chubasqueiros, mochilas e sobre todo libros, como non. Finalizamos entregándolles marcapáxinas a todos. Todos os agasallos co logotipo da campaña de lectura de María Moliner. Estas son as fotos con 6º A e B. Esta actividade complementa a exposición bibliográfica sobre a colección local da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia.

Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro

Xa temos o novo libro de Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Agradézcolle dende aquí o agasallo que ademais adicou a todos os usuarios desta biblioteca. Vouno rexistrar e catalogar e nuns días estará á vosa disposición. Grazas Roberto, con persoas coma ti e moi grato colaborar de modo voluntario na Mostra de Teatro, tanto eu coma meus compañeiros da Casa da Cultura .

martes, 5 de marzo de 2013

Colección Árbore da Editorial Galaxia

Contamos cun novo libro da colección Árbore musicontos da Editorial Galaxia titulado "Un bico de amor e vida", que completa a nosa colección con "O debut de Martino Porconi" e " O prodixio dos zapatos de cristal". Este ambicioso proxecto naceu da colaboración da editorial Galaxia coa Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical. Literatura e música danse a man nestes musicontos (libro+CD), de tal xeito que o lector-oínte gozará dunha experiencia estética a varios niveis: o pracer dun conto ben escrito, o pracer dun conto ben narrado, e o pracer da música, que actúa coma un soporte perfecto para toda a historia.

Novidades OQO Editora

Novidades na sala infantil de OQO Editora na nosa biblioteca

Novidades sala infantil

Novidades de Nova Galicia Edicións na sala infantil. Esta editorial engade novos títulos as series de Yared e de Kofu, uns libros que abogan pola igualdade e as novas familias
Novas incorporacións á colección local da biblioteca, en concreto, Guia Románica do Ribeiro, Colección Vitivinícola 1, O Ribeiro na miña vida como pedagoxía e compromiso e Proxecto Barullo

Seguimos coa exposición sobre Rosalía de Castro

Toda a semana teremos a exposición bibliográfica sobre Rosalía de Castro. Nela podemos atopar tamén libros específicos para os mais cativos.

Mostra bibliográfica Rosalía de Castro

O 24 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro e a biblioteca ríndiulle unha homenaxe cunha mostra bibliográfica na que repasamos a vida e obra desta grande escritora. Estas son as fotos