jueves, 24 de mayo de 2012

"Joyas de la Naturaleza"

Aos que vos goste a natureza, estades de noraboa, xa que a biblioteca acaba de incorporar unha colección chamada "Joyas de la Naturaleza".
Está composta por cinco volúmenes de gran formato, que inclúen fotos desplegables e en tres dimensións (para visualizar coas gafas 3D), mais 14 soportes audiovisuais con espacios naturais do mundo, con vistas circulais incluso. Os cinco volúmenes son os seguintes: - Europa. - Oceanía. - América y Antártida. - África. - Asia.

Filmografía na Biblioteca

A Biblioteca Municipal conta cunha nova colección de películas en DVD, para todos os gustos, dende os clásicos para os mais cinéfilos coas coleccións de "Joyas del cine" e "Grandes directores" pasando por películas mais actuais tanto galegas coma internacionais e por suposto unha ampla colección para os mais cativos, clásicos infantís que xa forman parte da nosa historia coma "Erase una vez el hombre", "Zipi y Zape", "La abeja Maya",... e películas infantís mais actuais. etc

viernes, 18 de mayo de 2012

Dia das Letras Galegas

O 17 de maio a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia para conmemorar o Dia das Letras Galegas, que este ano homenaxeaba a Valentín Paz-Andrade, fixo diversas actividades: -Exposición de libros de Valentín Paz-Andrade -Exposición de novedades en galego da biblioteca -Exposición da cartelería do Dia das Letras Galegas -Obradoiro de marcapáxinas infantil de Paz-Andrade -Contacontos ilustrado de Polo correo do vento titulado "Martiño, o carteiro porquiño" Os rapaces pasárono moi ben no contacontos que lles contou Carlos Taboada, mentras Pin o ía ilustrando maxistralmente, algo que aos nenos lles encantou. Logo fixeron eles mesmos un debuxo baixo a directrices de Pin, que os ía guiando e finalmente colorearon os debuxos que fixera Pin e que agora están expostos na biblioteca. Estas son as fotos das distintas actividades:
Despois Carlos e Pin asinaron os contos deles que temos na biblioteca e que todos podedes vir a emprestalos, e nenos ensinando algúns deses libros.Estas son as fotos:

martes, 15 de mayo de 2012

Dia das Letras Galegas

O Dia das Letras Galegas a Biblioteca Pública Municipal contará con distintas actividades para fomentar tanto a lectura entre os mais cativos coma a nosa lingua. Entre as actividades estan: -Exposición infantil sobre Valentín Paz Andrade na Biblioteca, coa cartelería gañadora do Concurso-Exposición Letras Galegas 2012 de educación primaria que gañou o CEIP ADR Castelao (Rianxo). Como vedes deixámonos levar pola ledicia do sol destes días, e fixemos unha exposición moi primaveral, simulando os libros en galego coma flores que hai que regar se queremos que medren. Estas son as fotos:
Para o 17 de maio na Praza Maior de Ribadavia: -Exposición cartelería gañadora do Concurso-Exposición Letras Galegas 2012 de edudación secundaria que foi o IES Xoán Montes (Lugo) -Exposición de libros de Valentín Paz Andrade -Exposición de libros en galego -Obradoiro de marcapáxina co motivo do homenaxeado, as 12 h. -Contacontos da man do grupo Polo correo do vento co ilustrador Carlos Taboada

jueves, 10 de mayo de 2012

Entrega do premio do concurso de poesía

Trala resolución do Premio de Poesía Infantil que organizou a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia no mes de abril, dentro das actividades conmemorativas do mes do Libro, físoxe a entrega do premio profesora do CRA, Mª Cruz Estévez Iglesias, como representante dos gañadores, que foron o CRA Amencer, á cal lle entregamos un gran lote de libros infantis tanto en galego coma en castelán. Estas son as fotos:

jueves, 3 de mayo de 2012

Concurso de poesía infantil

Estas son as poesías gañadoras do concurso de poesía infantil que fixeron os nenos do CRA Amencer con moito esforzo e entusiasmo: