martes, 5 de marzo de 2013

Colección Árbore da Editorial Galaxia

Contamos cun novo libro da colección Árbore musicontos da Editorial Galaxia titulado "Un bico de amor e vida", que completa a nosa colección con "O debut de Martino Porconi" e " O prodixio dos zapatos de cristal". Este ambicioso proxecto naceu da colaboración da editorial Galaxia coa Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical. Literatura e música danse a man nestes musicontos (libro+CD), de tal xeito que o lector-oínte gozará dunha experiencia estética a varios niveis: o pracer dun conto ben escrito, o pracer dun conto ben narrado, e o pracer da música, que actúa coma un soporte perfecto para toda a historia.

Novidades OQO Editora

Novidades na sala infantil de OQO Editora na nosa biblioteca

Novidades sala infantil

Novidades de Nova Galicia Edicións na sala infantil. Esta editorial engade novos títulos as series de Yared e de Kofu, uns libros que abogan pola igualdade e as novas familias
Novas incorporacións á colección local da biblioteca, en concreto, Guia Románica do Ribeiro, Colección Vitivinícola 1, O Ribeiro na miña vida como pedagoxía e compromiso e Proxecto Barullo

Seguimos coa exposición sobre Rosalía de Castro

Toda a semana teremos a exposición bibliográfica sobre Rosalía de Castro. Nela podemos atopar tamén libros específicos para os mais cativos.

Mostra bibliográfica Rosalía de Castro

O 24 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro e a biblioteca ríndiulle unha homenaxe cunha mostra bibliográfica na que repasamos a vida e obra desta grande escritora. Estas son as fotos

Incorporación colección local

Temos novas incorporacións na colección local de Ribadavia na biblioteca, trátase en concreto de os boletín de A Fundación, Murgas e cancións dos Carnavais de Ribadavia e Ribadavia y el Santuario del Portal.

Novidades bibliográficas

Coma sempre grazas a usuarios contamos con novas novelas para os amantes da lectura. Pena daquelas subvencións para fondos bibliográficos...Deíxovos as fotos das últimas incorporacións.

Xornais antigos e revistas

Sigo poñendo fotos dos xornais e revistas antigas depositadas na biblioteca e que pasaran ao Museo Etnolóxico de Ribadavia. Se antes eran Hoja Oficial del Lunes, La Libertad, Semana e El pueblo Gallego, agora son os xornais Ya do ano 1955, La Voz de España do ano 1937, Faro de Vigo do 1936 e a revista Codorniz do 1974. Verdaderas xoias da nosa historia, non?

Xornais antigos

Xa fai tempo depositaron nas miñas mans uns periódicos antigos, a maioría da década dos 30 do século XX. Estes periódicos pola súa fraxilidade necesitan un cuarto coa temperatura e a humidade controladas, evitar o contacto direito coa luz solar e coa luz en xeral e tratar aos periódico cunha materia alcalina para reducir o proceso de hidrólisis ácida. Polo menos nos meus tempos de estudiante de museoloxía, agora coas novas tecnoloxías igual mudou o sistema. Este é un dos sistemas para conservalos. Asi que dada a falta de medios para a súa conservación e xa non digamos dixitalización para poder crear unha hemeroteca de consulta dos devanditos periódicos, decidín co consentimento do doante polo agora anónimo, cedelo ao Museo Etnolóxico de Ribadavia, onde dispoñen de medios suficientes para a súa conservación e quedaranse na vila que é o que nos interesa. Alí cuidaran de eles con esmero. Deíxovos un adianto de periódicos dos anos 1935, 1937, 1939 e 1940.