lunes, 21 de diciembre de 2009

Obradoiro "Un dia con Leonardo da Vinci"

O venres, 18 de decembro ás 17:30 h. tivo lugar un obradoiro na sala infantil da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia titulado "Un día con Leonardo da Vinci". Nel, os nenos coñeceron a figura do Leonardo, non so pintor, senón tamén inventor, asi como distintas curiosidades sobre este artista. Despois fixeron un catalexo moi especial, xa que permite, coa luz do día, ver as cousas o revés. Estas son algunhas das fotos dese obradoiro realizado polo grupo Crearte.


Obradoiro árbore de Nadal

Na Biblioteca estamos a facer cos nenos unha árbore de Nadal feito polos nenos que asisten á Biblioteca. Tódolos días fan adornos de Nadal, recortámolos e pegámolos na nosa árbore, que como vedes empezou con poucos adornos, pero agora xa está cheíño de todo, incluso lle puxemos unha estrela moi grande. Cada adorno ten o nome do neno co fixo, e asi vemos o que aportaron cada un. Estas son as fotos:

Contos para falar

O martes, 15 de decembro tivo lugar unha actividade moi interesante no Auditorio da Casa da Cultura. Tratábase do porgrama de dinamización lingüistica, "Bocaberta" Contos para falar que subvenciona a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria coa Editorial Rodeira, e en colaboración coa Concellalía de Cultura e Educación de Ribadavia. Esta campaña que consiste na realización dos seguintes obradoiros: dúas montaxes narrativas e musicais –unha para nenos de 3 a 6 anos e outra, de 6 a 9 anos– e unha montaxe sobre a Odisea para rapaces de entre 9 e 12 anos. Deste modo asistiron os nenos de preescolar e 1º ciclo de Primaria do Colexio Público Tomás de Lemos e os nenos do CRA Amencer.
O acabar cada neno recibiu un libro da editorial Rodeira e un CD coa música da actividade.
Para o mércores 16 de decembro, estaba programada unha segunda sesión para os nenos de 2º e 3º ciclo de Primaria do Colexio P. Tomás de Lemos, e os nenos do colexio de Arnoia e Cortegada, pero tivo que suspenderse debido a que a Consellería de Educación cancelou as clases para ese día debido ao temporal. Esperemos que se poida cambiar para outro día. Xa vos informaremos.
Polo de pronto estas son algunhas fotos:




martes, 15 de diciembre de 2009

"Os Bolechas"


O sábado 19 de decembro ás 20:00 h. terá lugar unha actuación moi desexada polos nenos de Ribadavia. Achéganse a vila os Bolechas, os famosos personaxes dos contos de Pepe Carreiro, e farannos pasar unha tarde moi divertida no Auditorio da Casa da Cultura.Caramuxo teatro presenta o gran éxito editorial galego. Os Bolechas, unha comedia musical con monicreques. Un espectáculo que nos amosará un día na vida desta divertida familia, onde coñeceremos as ocorrencias do pequeno Tatá, as travesuras de Chispa, a Braulio e Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e a Carlos, o máis vello dos irmáns.

Obradoiro "Un dia con Leonardo da Vinci"


O vindeiro 18 de decembro ás 17:30 h.terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia un obradoiro titulado "Un día con Leonardo da Vinci" impartido por o grupo Crearte, para nenos de maís de 7 anos. Trátase dunha viaxe ao Renacemento na que descubriremos o útiles que son as matemáticas para facer arte. Afondaremos nas facetas de inventor, científico e artista de Leonardo para rematar descubrindo o misterio do retrato máis famoso do mundo, o da Mona Lisa. Unha divertida e participativa actividade na que os rapaces interpretan as imaxes artísticas, estimulan a creatividade, e establecen conexións entre as artes visuais, as matemáticas, a lingua e a historia. A actividade emprega os fondos bibliográficos de arte e remata cun obradoiro plástico.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Obradoiro "Instantáneas de plastilina"

O venres 4 de decembro ás 17:30 h. tivo lugar o obradoiro "Instantáneas de plastilina" impartido por María Noel. A asistencia foi limitada, xa que para facer este obradoiro é necesario un grupo pequeno para poder impartilo, e é que estiveron nada menos de dúas horas diseñando e dando forma a súa propia ilustraición en plastilina do conto escollido. Un grupo de nenas escolleu un conto dun príncipe e unha princesa, e a verdade é que lles saiu moi ben, senón vede as fotos. Outro grupo, maioritariamente masculino, elixiu un conto sobre o espacio, e así, modelaron naves espaciais, extraterrestres, e un sinfín de naves, e incluso o globo terráqueo visto dende o espacio, moi orixinais!!!. Estas son as fotos, e espero que vos animades a pasalo ben connosco outra vez nun obradoiro o 18 de decembro. Xa vos avisarei, estade atentos, porque tamén vai ser moiii divertido.Ah! e un saúdo a María Noel, que foi encantadora e tivo moita paciencia con todos. Grazas.






lunes, 30 de noviembre de 2009

Instantáneas de plastilina





O 4 de decembro ás 17:30 h. na Sala Infantil da biblioteca terá lugar un obradoiro de María Noel para nenos de maís de 7 anos. Con axuda da imaxinación crearan o seu mundo de plastilina feito de personaxes e escenarios fantásticos e levarano a casa nunha foto como recordo titulado "Instantáneas de plastilina". Só 15 prazas, asi que mellor apuntádevos na biblioteca ou chamando o 988 47 19 00 (Casa da Cultura).
Esta ilustradora é unha mestra absoluta no manexo da plastilina como obxecto artístico. Vén de ilustrar "O peto da risa" de Eva Lozano Carpente.

Programación Nadal


Este Nadal ven cheo de actividades de animación á lectura para cos nenos do Ribeiro se divirtan coa lectura e cos obradoiros. Esta é a programación.
O 4 de decembro haberá un obradoiro titulado "Instantáneas de plastilina" de María Noel, o 18 de decembro outro obradoiro do grupo Crearte titulado "Un día con Leonardo da Vinci" e o 28 de decembro un contacontos "O duende Sico e os contos do colorín colorado".
Por outra parte faremos o 3º concurso de postais de Nadal, que poderán entregarse na biblioteca ata o 28 de decembro.
Bases do Certamen:
1.Poderán participar tódolos nenos e nenas de Educación Primaria
2.O tema dos debuxos será o Nadal
3.Os debuxos presentaranse na Biblioteca de Ribadavia, en horario de 9:30 a 13:30 h. da mañan e de 16:30 a 21:00 h da tarde, e deberán ir acompañados dos seguintes datos: nome e apelidos, idade e enderezo. O prazo de entrega das postais é ata o 28 de decembro.
4.Tódolos participantes terán un agasallo e establecense 5 premios as tarxetas premiadas. Establecerase un xurado para o fallo do concurso, formado por o concelleiro de cultura, a bibliotecaria e persoal da Casa da Cultura.
5.Os premios entregaranse no Festival das Panxoliñas
6.Tódolas postais serán expostas na Casa da Cultura a partir do 1 de xaneiro.

jueves, 26 de noviembre de 2009

miércoles, 14 de octubre de 2009

Inaguración Sala Infantil

O venres 9 de outubro as 18:00 h. tivo lugar a inaguración da nova sala infantil da biblioteca de Ribadavia e da sala de material audiovisual. Asistiu á inaguración o ilustrador Kiko da Silva, que pintou o mural da sala infantil, o alcalde de Ribadavia, D. Marcos Blanco, o concellal de cultura D. Anxo Collarte, entre outros concellais e a bibliotecaria, por suposto, Teresa Rivela. Os nenos tiveron a súa propia inaguración, pois as 18:30 h. tivo lugar unha sesión de contacontos titulada "A bruxiña sen vasoira" do grupo Altega. Estas son as fotos, e espero que vos guste o mural da sala infantil, que para min quedou xenial. Grazas Kiko.





viernes, 2 de octubre de 2009

INAGURACIÓN NOVA SALA INFANTIL


O venres, 9 de outubro, ás 18:00 h. terá lugar a inaguración da nova sala infantil da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia. Será Kiko da Silva, ilustrador do mural da sala infantil, o encargado de inagurala, xunto o concellal de cultura D.Anxo Collarte e o alcalde D.Marcos. Ás 18:30 h. os nenos terán tamén o seu propio acto inagural cunha sesión de contacontos titulada "A bruxiña sen vasoira" do grupo Altega.
¡Estades todos invitados! Prométovos que encontraredes moitas novidades.
Á vez tamén inaguramos unha nova sala que ubicará bibliografía xeral, materiais audiovisuais e 2 novos postos de ordenadores.

miércoles, 10 de junio de 2009

Obradoiro de Ilustración


O 23 de xuño pola mañán, ás 12:00 h. concretamente (os nenos xa estades de vacacións), teremos na biblioteca un obradoiro de ilustración muy interesante. Recibimos esta vez a visita de Jacobo Fernández Serrano, ilustrador de contos que temos na biblioteca, coma "Sedna, a deusa do mar", "Tres contos maravillosos", "A gardería de dona Bixelmina",o cómic "Os amigos de Archimboldo",etc... Él ensinaravos como fai as ilustracións dos contos e vos mesmos faredes a propia ilustración do voso conto.

"Xogando a ser xornalista"

O martes 9 de xuño tivemos na biblioteca un obradoiro titulado "Xogando a ser xornalista" impartido por Ana María Fernández. O obxetivo era concienciar os nenos da importancia de ler os xornais, e crear en eles o hábito da lectura.
Neste obradoiro os nenos redactaron cada un, unha noticia do día que a eles lle parecía interesante, e houbo de todo, dende noticias de sucesos, ata do corazón. Despois fixéronlle unha entrevista a un pai duns nenos, e cada un foille facendo unha pregunta relativa a cando él era un cativo. Logo, puxéronlle a data, o nome o xornal e crearon a súa propia portada do xornal do día e deixárono exposto na entrada da Casa da Cultura, onde está ubicada a biblioteca. A verdade é que estivo moi interesante e pasárono moi ben. Estas son as fotografías:




viernes, 5 de junio de 2009

Dia Muncial do Medio Ambiente


Hoxe, 5 de xuño, celebramos na Biblioteca o Dia Mundial do Medio Ambiente, cun obradoiro de medio ambiente para nenos con imaxes para colorear con recomendacións para conservar o medio ambiente, lecturas recomendadas de contos que tratan o tema (tratamento de residuos, choiva ácida, efecto invernadoiro, etc..) e cunha guía de páxinas web para nenos sobre medio ambiente que teñen xogos. Esta é a relación de páxinas web recomendadas:

-www.rcir.es/rcir_ninos.html
-www.ploppy.net
-www.fundacion-biodiversidad.es (busca zona biodiver)
-www.berde-berdea.net
-www.managenergy.net/kidscorner.es
-http://educalia.educared.net/s/8nens/revista/concurs/aigua/taller.htm
-www.redtic.es/actividades/sosanimales/sosanimales.swf
-www.vivelaagriculturaecologica.com/ecolina/index.htm
-www.ecoembes.com/ecociudad/ecociudad.html
-www.aguasdesevilla.com/infantil/infan/ciclome.html
-www.enerclub.es/extfrontenerclub/img/File/nonIndexed/idae/index.html

martes, 19 de mayo de 2009

Dia das Letras Galegas Colexio Público Tomás de Lemos

O 14 de maio os nenos e profesores do Colexio Tomás de Lemos de Ribadavia viñeron á Casa de Cultura de Ribadavia a facer o seu festival do Día das Letras Galegas, participando todas as clases de tódolos cursos de Primaria, con actividades diversas, regueifas,trabalinguas,teatro e o remate foi o coro que abarca nenos de todos os cursos e que cantaron varias cancións moi ben executadas grazas o seu profesor de música e director do coro, Victor. Rematou cantando o himno galego todos de pé. Unha imaxe moi bonita. Noraboa a todos, sobre todo o esforzo dos profesores. Estas son as fotos, e perdoade porque non saíron moi ben. Para a actividade, Bea da Casa da Cultura e eu, Teresa, a bibliotecaria, fixemos o mural do fondo para engaloiar o escenario.







jueves, 14 de mayo de 2009

Dia das Letras Galegas 2009


Como sabedes, este ano o Día das Letras Galegas homenaxea a Ramón Piñeiro, por eso a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia,xunto a concellalía de Cultura, celebrará o Dia das Letras Galegas na Praza Maior o 17 de maio con diversas actividades:
-Exposición da obra e biografía de Ramón Piñeiro.
-Exposición mural sobre Ramón Piñeiro.
-Exposición de libros en galego tanto para adultos como infantil.
-Lectura continuada da obra de Ramón Piñeiro no Salón de Actos do Concello.
-Obradoiro infantil de creación dun mural en tecido conmemorativo do Dia das Letras Galegas.

miércoles, 6 de mayo de 2009

Mes de abril, mes dos libros

Dende aquí quero agradecer a todos os nenos e profesores que participaron na actividade do mes de abril da biblioteca. Moitas grazas a todos. E este é o meu agradecemento en forma de montaxe.
">