jueves, 19 de mayo de 2011

Dia das Letras Galegas

O 17 de maio celebramos o Dia das Letras Galegas, e a Biblioteca Pública Municipal mudou de escenario para celebrar o devandito día, concretamente na Praza Maior. Primeiro colaboramos co Centro de Estudios Medievais na lectura continuada da obra do homenaxeado este ano, Lois Pereiro. Paralelamente fixemos unha exposición de libros en galego da biblioteca asi coma agasallo de libros en galego, que por certo foi unha iniciativa moi eloxiada. Esta biblioteca xunto co persoal de Cultura e Teatro de Vilar, quixemos tamén colaborar ese día coa plataforma "Queremos galego", asi que participamos coa celebración do 75 aniversario da morte de Castelao, coa lectura dramatizada da obra "Os vellos non deben namorarse".
Para rematar o día as 13:00 h, tivo lugar unha actividade para nenos, un contacontos musical da man de Servando titulado "Os contos do bardo Abelardo", cos que os nenos pasárono moi ben, oindo contos e cantando con Servando e o seu acordeón. Estas son as fotos:


martes, 10 de mayo de 2011

Visita CRA Amencer

Tamén o luns 9 de maio, visitaron a exposición sobre a Historia do cómic os nenos do CRA Amencer (Sancristovo, Sampaio e Francelos). Despois de ver a exposición e os seus cómics que presentaron para o concurso de cómics que fai a Biblioteca Pública, asistiron a un contacontos-obradoiro do grupo Polo correo do vento, coa actividade "Carola, a carteira centola", na que Man e Pin fixeron as ledicias dos nenos, un contando o conto e o outro ilustrándoo. Despois fixeron un obradoiro intentando debuxar, baixo a supervisión de Pin (Carlos Alvarez Taboada) ao protagonista do conto. Estas son as fotos:





Visitas Exposición Historia do cómic

O luns 9 de maio tivo lugar a derradeira visita a exposición sobre a Historia do cómic. Esta vez visitáronnos 3º A e 4ª A do Colexio Público Tomás de Lemos. Asistiron primeiro a unha proxección sobre a Historia do cómic e logo a un contacontos-obradoiro do grupo Polo correo do vento, titulado "Carola, a carteira centola" . Esta actividade constaba dun contacontos sobre a centola Carola contada por Mau (Enrique Mauricio) mentras Pin debuxaba, e logo un pequeno obradoiro no que os rapaces, guiados polo debuxante Pin (Carlos Alvarez Taboada) intentaban debuxar ó protagonista do conto. Estas son as fotos:






lunes, 9 de mayo de 2011

Concurso de tiras de cómic

Moitos son os nenos que están a participar no concurso de tiras de cómic da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, dende Primeira Infancia ata 2º da Educación Secundaria, tanto do CRA Amencer coma do Colexio Público Tomás de Lemos. Estas son fotos dalgúns dos participantes:



Visitas Exposición Historia do cómic

Do 27 de abril ao 6 de maio recibimos a visita dos nenos de Primaria do Colexio Tomás de Lemos, concretamente de 1º e 2º de Primaria o 27 de abril, de 3º B e 6º B o 3 de maio, de 6º A e 6º C o 4 de maio, de 5º A e 5º B o 5 de maio e de 4º B e 4º C o 6 de maio. Os escolares visitaron a exposición sobre a Historia do Cómic que facemos na Biblioteca Pública e logo pasaron á Sala Infantil, onde asistiron a unha proxección de imaxes na que narrábamos a historia do cómic en distintas partes do mundo, o tebeo en España, o manga en Xapón, a bande dessinée en Francia e Bélxica, o cómic en EEUU e a banda diseñada en Galicia. Despois asistiron a proxección de dous capitulos de debuxos animados antigos, basados no mundo do cómic. Estas son algunhas das fotos:












Visita da Fundación Asilo Nosa Señora dos Anxos

A finais de marzo tivemos unha visita moi especial, persoas que están no Asilo Nosa Señora dos Anxos. Fixeron unha visita guiada na que veron as novas instalación da Biblioteca Pública e démoslles a coñecer as posibilidades de lectura para a Terceira Idade e para persoas con algunha discapacidade visual. Estas son as fotos da visita: