O 17 de maio celebramos o Dia das Letras Galegas, e a Biblioteca Pública Municipal mudou de escenario para celebrar o devandito día, concretamente na Praza Maior. Primeiro colaboramos co Centro de Estudios Medievais na lectura continuada da obra do homenaxeado este ano, Lois Pereiro. Paralelamente fixemos unha exposición de libros en galego da biblioteca asi coma agasallo de libros en galego, que por certo foi unha iniciativa moi eloxiada. Esta biblioteca xunto co persoal de Cultura e Teatro de Vilar, quixemos tamén colaborar ese día coa plataforma "Queremos galego", asi que participamos coa celebración do 75 aniversario da morte de Castelao, coa lectura dramatizada da obra "Os vellos non deben namorarse".
Para rematar o día as 13:00 h, tivo lugar unha actividade para nenos, un contacontos musical da man de Servando titulado "Os contos do bardo Abelardo", cos que os nenos pasárono moi ben, oindo contos e cantando con Servando e o seu acordeón. Estas son as fotos:
jueves, 19 de mayo de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario