miércoles, 26 de enero de 2011

Premios Maria Moliner

Estamos de noraboa. A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia recibiu por segunda vez (a anterior foi no 2008) un dos premios Maria Moliner aos mellores proxectos de animación á lectura infantil nas bibliotecas públicas de ámbito estatal. O proxecto premiado foi "ABril, mes dos libros. Un día, un libro. Educando en valores", desenvolto no mes de abril e que consistía nunha exposición dun calendario do mes de abril con pestanas que se ían abrindo cada día e descobrían un libro referente a distintos valores. Esta exposición completábase con distintas actividades que podedes consultar no historial deste blog. Esta é unha das fotos, para que vos lembredes.

Concurso de postais de Nadal

O 26 de decembro, despois do concurso de Panxoliñas, tivo lugar a entrega dos premios nas distintas categorías do Concurso de Postais de Nadal que esta biblioteca organiza tódolos anos. Os gañadores foron: En Educación Infantil Uxía Alvarez do CRA Amencer, En Primaria Ana Martínez e Noa Alonso e en Secundaria Andrea González. Todos os gañadores recibiron un lote de libros e un quebracabezas. Estas son as fotos da exposición e da entrega:





Contacontos

o 29 decembro, por fin, os ratos da biblioteca do grupo Trinke Trinke, visitaron a nosa biblioteca, contando numerosos contos que fixeron as ledicias os mais cativos. Estas son as fotos:

Obradoiro Rosalía de Castro

O 12 de novembro tivemos na sala infantil da Biblioteca un obradoiro do grupo Crearte, titulado "Un día con Rosalía de Castro" no cal unha actriz-educadora encarna a unha Rosalía que rí, que xoga e que canta á Galicia, levándonos a un cheo de palabras a través de xogos de creación literaria. Os nenos pasárono moi ben e recoñeceron a poesía de Rosalía en cancións como "Adios ríos, adios fontes".