jueves, 11 de noviembre de 2010

Actividades novembro

Este mes de novembro escomenzamos con unha exposición sobre o magosto. Fixemos un mural de fieltro coa figura da castaña presidindoo, e expoñemos libros que falen tanto da festa do magosto, como da castaña, do castiñeiro e incluso unha recopilación de recetas cuio ingredinte principal sexa a castaña. Estas son as fotos da exposición:





Por outro lado, o 12 de novembro teremos un obradoiro titulado "Coñece a Rosalia de Castro" do grupo Crearte, as 17:30 h. na Biblioteca. Nel, unha actriz-educadora encarna a unha Rosalía que rí, que xoga e que canta á Galicia, levándonos a un cho de palabras a través de xogos de creación literaria.

martes, 2 de noviembre de 2010

Contacontos Noite Meiga

O sábado 30 de outubro celebramos en Ribadavia a Noite Meiga, e a Biblioteca Pública Municipal colaborou coa organización da dita festa, cun contacontos de Samaín, de medo, da man de Duende Sico. Asistiron numerosos nenos, a maioría disfrazados de bruxas, esqueletos, momias, etc...Velaí van algunhas fotos do contacontos:


Esta semana celebramos na Biblioteca o Samaín ou Halloween para os mais americanizados, cuns obradoiros e un contacontos. Os obradoiros son os seguintes:
Luns: Obradoiro dun móbil de cabazas
Martes: Obradoiro de máscaras de medo
Mércores: Obradoiro de Quebracabezas da cabaza
Xoves: Obradoiro de marcapáxinas
Venres: Obradoiro de pintura de medo
Paralelamente faremos unha exposición mural sobre o Samaín.
Esta semana remataremos os programa de Samaín, coincidindo coa Noite Meiga, que como sabedes celébrase con distintas actividades na vila de Ribadavia, e nos en colaboración coa organización facemos para os nenos unha sesión contacontos de medo da man de Duende Sico.