miércoles, 17 de diciembre de 2008

Decoración de Nadal

Estes días estivemos moi atareadas facendo a decoración de Nadal da Casa da Cultura, o que mais costou ainda que é o que mais nos gosta é o belen que é xa un clásico no hall da Casa da Cultura, e na que os nenos pasan tempo observando as figuras e colocando tarxetas de Nadal. Bea, a bedel da Casa da Cultura, subida a unha escada, decora tamén o auditorio onde o 19 de decembro ten lugar a mañán unha actividade do CRA Amencer (colexios do rural) e pola tarde o concerto do conservatorio municipal de Ribadavia, no que os nenos amosan os seus familiares o aprendido, sobre todo composicións navideñas, e o mais simpático, o villancico dos nenos da escola de música (nenos de 4 a 6 anos). Deíxovos unhas fotos da decoración.

BIBLIOTECA ILUSTRADA

Como sabedes Kiko da Silva está a ilustrar a nova sala infantil da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, dentro do programa Biblioteca Ilustrada da Consellería de Cultura. Kiko despois da pasar uns días pola vila de Ribadavia, empapándose da súa historia, decidiu deseñar un debuxo acorde co pasado medieval da vila e adaptado ao uso da sala, e decir, a uso infantil. Ainda non acabou, pero adiántovos unhas fotos do que está facendo.

jueves, 11 de diciembre de 2008

ACTIVIDADES INFANTIS NADAL

Este Nadal a concellalía da Cultura ten programadas varias actividades infantís. En todas as vacacións haberá unha ludoteca para nenos de maís de 4 anos en horario de mañán e tarde, no colexio Tomás de Lemós, sito na avda. de Carballiño.
O día 14 de decembro ás 17:00 h. terá lugar a proxección da película infantil "Cid, a lenda" no auditorio da Casa da Cultura.
O día 22 de decembro a actividade será para nenos de 12 a 14 anos, será unha sesión de graffiti cos Megatoxos de Anxo Fariña, ás 17:00 h. na Casa da Cultura de Ribadavia.
O día 26 de decembro ás 18:00 h. terá lugar unha sesión de contacontos infantil da man do grupo Tarabelos, no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia. Algo máxico enche o Nadal de contos e máis contos... Presentamnos dous contos clásicos de Nadal, baixo o título: "Un Nadal cheo de contos".

Cinema infantil

O domingo 14 de decembro terá lugar a proxección da película "Cid, a lenda" ás 17:00 h. no auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia.
A vida de Rodrigo é a de todo fillo de noble, entre a educación na corte, as aventuras que comparte co seu mellor amigo o príncipe Sancho e as furtivas visitas á súa amada Jimena, a filla do conde de Gormaz. Pero os tempos de felicidade non duran eternamente, e trala morte do rey Fernando, Rodrigo vese envolto nun mundo de tramas e conspiracións que acabarán coa vida de Sancho e coa conseguinte coronación do infante Alfonso. De repente, Rodrigo perde todo aquelo que conseguiu sen esforzo, seu mellor amigo, e o amor da súa amada, sendo inxustamente desterrado de Castela e sen honra.

viernes, 5 de diciembre de 2008

GRAFFITI E LETRAS

O 22 de decembro ás 17:00 h. na Casa da Cultura, terá lugar unha actividade de animación lingüística, Graffiti e letras”, proposta por A Nosa Terra e desenvolvida polo escritor e ilustrador Anxo Fariña. Neste caso, os destinatarios son os rapaces entre 12 e 14 anos. O obxectivo é dinamizar o uso do galego nesta etapa de idade desde unha perspectiva creativa, asociando o uso do galego coa modernidade, a cultura urbana e as expresións artísticas máis actuais.
Segundo explica Anxo Fariña, os obradoiros fanse con grupos de entre 25 e 50 persoas. Duran preto dunha hora e os asistentes reciben nocións básicas sobre os signos, as letras e a súa evolución. a seguir, é o momento de practicar sobre papel, para que despois poidan levar os murais que fagan e seguir traballando neles. E é tal o entusiasmo dos rapaces que Anxo sinala que “podería estar semanas con eles, facer poemas visuais, crear imaxes...”. Esta aposta por un “xeito de expresión máis moderno e urbano en galego” provoca que os cativos vexan a actividade como “algo divertido, que está de moda” e virarlles as costas a outros tópicos.

UN NADAL CHEO DE CONTOS

O 26 de decembro ás 18:00 h. terá lugar unha sesión de contacontos infantil da man do grupo Tarabelos, no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia. Algo máxico enche o Nadal de contos e máis contos... Presentamnos dous contos clásicos de Nadal, baixo o título: "Un Nadal cheo de contos". A técnica utilizada é a "narración ilustrada", utilizando títeres, teatro de sombras, máscaras,escenarios e outras técnicas teatrais para ilustrar a narración do contacontos. No espectáculo combínanse dous contos. Os contos que ofrecemos son: "Canción de Nadal" CHARLES DICKENS (Ilustrado con títeres de luva, pompas de xabón e outros) e "O primeiro día do Nadal" A BIBLIA (Ilustrado con disfraces da época e cos propios nenos que fan un Belén vivente)

martes, 25 de noviembre de 2008

A meiga dos contos

O 1 de novembro, como colaboración con Activa-T, os programadores da Noite Meiga en Ribadavia, celebramos a noite meiga infantil. Tivemos na biblioteca un contacontos titulado "a meiga dos contos" da man de Ana María Fernández, ás 18:00 h., que lles contou varios contos, algúns de moito medo. Estas son as fotos, que como vedes, pasárono moi ben.

lunes, 10 de noviembre de 2008

Encontro de Axóuxeres

O 7 de novembro ás 18:00 h. tivo lugar unha nova sesión do Encontro de Axoúxeres, programa da Secretaria Xeral de Normalización Lingüística, no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia. Esta vez os encargados da actividade foron Galitoon e o moneco que idearon para esta actividade, Totó, que fixo as delicias de todos os nenos. Estas son algunhas das fotos, que como vedes, ó entrar poñíanse un pano á cabeza de cores distintas, tamén déronlles unhos axoúxeres os nenos, e moi cómodos, porque podían estar tirados polo chan, cantaron, riron, bailaron, e en fin, pasárono moi ben.

martes, 14 de octubre de 2008

"Contos en cantos"

Do 6 ao 10 de outubro púdose ver na Casa da Cultura a exposición IMAXINOQO dentro do programa "Contos en cantos". A exposición ademaís de carteis dos contos de OQO Editora, contaba con obxetos dos contos coma a avestruz Mariluz, ou a bañeira de Chocolata, e taburetes nos que poder sentarse a ler os contos. Estas son as imaxes da exposición:

O venres 10 de outubro tiveron lugar dous obradoiros, para nenos de entre 5 e 10 anos. Estas son algunhas das fotos:
O que mais gustou da exposición foi o karaoke no que os nenos podían cantar os contos de OQO Editora, cantados por Almudena Janeiro. Estas son as fotos:

O sábado tivo lugar o concerto "Contos en cantos", coa voz de Almudena Janeiro, cun repertorio variado en galego. A Dirección Xeral de Política Lingúistica agasallou os nenos cun libro-cd-dvd Contos en cantos. Estas son as fotos:

miércoles, 1 de octubre de 2008

Programa Contos e Cantos

A Xunta e OQO Editora levaran a cabo en Ribadavia, unha campaña chamada “Contos en cantos” de promoción da lingua galega que combina música e literatura para os nenos. Dita campaña percorrerá municipios de toda Galicia para fomentar o uso da lingua galega entre os mais pequenos a través da combinación de contos, cantos, e obradoiros, en concreto ademais de Ribadavia, estarán en Ourense, Vilalba, Gondomar, Redondela e Cambre.
13 obras da literatura infantil editadas por OQO convertíronse en cancións neste proxecto, que intenta “alimentar o repertorio musical infantil” en lingua galega o tempo que os mais pequenos coñecen estilos musicais doutros paises como Grecia, Brasil ou Arxentina.
O progama comenzará o 6 de outubro cunha exposición na Casa da Cultura, ata o 11 de outubro. O venres, 10 de outubro haberá dous obradoiros, un as 17:30 h. para nenos de 5 a 7 anos, e un as 18:30 h. para nenos de entre 8 e 10 anos. Ambos obradoiros terán unha duración de 50 minutos e tan so admitiran 25 nenos por obradoiro, pola cal teran que anotarse na Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia.
Dita campaña rematará o 11 de outubro ás 12 h. cun concerto no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia coa intención de “alimentar o repertorio musical infantil” en lingua galega.

Contacontos Mario Tomás

O 5 de setembro ás 20:00 h. no Salón de plenos do Concello de Ribadavia (debido a choiva) houbo unha sesión de contacontos dentro do programa Letras Vivas Animación, a cargo de Mario Tomás, titulada "Contos doutro lugar". Estas son as fotos

lunes, 25 de agosto de 2008

Contacontos Irene en Senegal

O venres 22 de agosto ás 20:30 h. na Praza Maior de Ribadavia, organizouse un contacontos da man de "Solidaridad Internacional de Galicia" titulado "Irene en Senegal". Estas son as fotos da dita actividade, na que como vedes os nenos pasárono moi ben. Tamén fixemos unha pequena exposición de libros emprestados pola "Fundación Germán Sánchez Ruiperez" que complementan o programa de sensibilización entre os rapaces da comarca, para promover actitudes solidarias e valores comprometidos coa igualdade e a xustiza social