miércoles, 21 de abril de 2010

O venres 23 de abril, Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a Biblioteca Pública Municipal recibirá a mais de 300 nenos do Colexio Público Tomás de Lemos e do CRA Amencer, para celebrar o devandito día.
Primeiro visitaran a exposición do calendario "Abril, mes dos libros. Educando en valores" e leeran o libro do día, que o 23 de abril está dedicado o valor do "respeto a outras razas", en concreto o libro infantil "A mirada de Ahmed". Posteriormente e en dúas sesións, unha as 10:30 h. e outra as 12:00 h. veran o contacontos teatral "Sabela e o páxaro máxico" do grupo Tarabelos.
Por último farase entrega dos premios do Concurso de marcapáxinas do Dia do Libro, cuios marcapáxinas estarán expostos na Casa da Cultura ata o 30 de abril.

martes, 13 de abril de 2010

MES DOS LIBROS

Seguimos a celebrar o mes de abril, mes dos libros. Cada día abrimos unha nova ventaniña do calendario, e descubrimos o libro do día, sempre basado nun valor. Hoxe estamos a día 13 de abril e amósovos como está a quedar o calendario según se van abrindo as ventanas dos días. Tamén cada día as 18:00 h. lemos o libro do día. Estas son algunhas das fotos. Espero que vos gusten.




martes, 6 de abril de 2010

ABRIL, MES DOS LIBROS. EDUCANDO EN VALORES

Durante o mes de abril temos no hall da Biblioteca Pública Municipal unha exposición mural titulada "Abril, mes dos libros. Educando en valores". Fixemos un calendario xigante en fieltro do mes de abril, ao modo dos calendarios de adviento, e en vez de abrir unha pestana cada día e encontrar unha chocolatina, encontrarémonos cun libro. Ese será o libro do día, que se exporá ademais nun atril para que todos os días ás 18:00 h. o leamos en voz alta. Cada libro responde a un valor determinado, amor os animais, respeto á natureza, respeto as outras culturas, igualdade de sexos, compañerismo, etc... No calendario destacamos tamén o 2 de abril, Dia Internacional do Libro e o 23 de abril, Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Selección de libros para o proxecto:
-1 de abril: Amor os animais, libro “Animais de compañía”
-2 de abril: Respeto os nosos avós, libro “A viaxe do bisavó”
-5 de abril: Respeto as distintas formas de familia, “ Unha chea de familias”
-6 abril: Ser traballador, “Paco Papán”
-7 abril: Aceptación das minusvalías psíquicas, “Miña irmá ten síndrome de Down, e que?”
-8 de abril: Non a violencia, “A historia de Erika”
-9 de abril: Amistade, “El colibrí y su nuevo amigo”
-12 de abril: Deportividade, “Bimba juega a basquet”
-13 de abril: Saber perdoar, “¿Me perdonas?”
-14 de abril: Respeto á natureza, “Nuestro planeta en peligro”
-15 de abril: Autoestima e aceptación familia, “Eu son adoptada, e que?”
-16 de abril: Aceptar normas convivencia, “Manual de educación”
-19 de abril: Ser autónomo, “O conto de vestirme só”
-20 de abril: Respeto a outras culturas, “A bibliotecaria de Basora”
-21 de abril: Saber comportarse, “Eduardo, o neno mais terrible do mundo”
-22 de abril: Aceptación das minusvalías físicas, “Catarina, o oso e Pedro”
-23 de abril: Respeto polas outras razas, “A mirada de Ahmed”
-26 de abril: Respeto a diversidade, “Negros e brancos”
-27 de abril: Igualdad de sexos, “O libro dos porcos”
-28 de abril: Respeto a nosa cultura, “O apalpador”
-29 de abril: Compañerismo, “La unión hace la fuerza”
-30 de abril: Amor á música, “A banda de Vilacendoi”
Estas son as fotos da exposición:





Paralelamente convocouse un Concurso de Marcapáxinas que remata o 21 de abril, na que poderán participar todos os nenos, dende Preescolar, Primaria e Secundaria. O lema dos marcapáxinas será "Abril, mes dos libros"
O 23 de abril celebraremos dun modo especial o Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, con dúas representacións teatrais da man do grupo Tarabelos, que porán en escea a obra "Sabela e o páxaro máxico". A estas representacións asistirán nenos de Preescolar e Primaria do CRA Amencer e do Colexio Público Tomás de Lemos de Ribadavia.

Finalizaremos o mes cun obradoiro o día 30 de abril ás 17:30 h. de Ana María Fernández titulado “O planeta das palabras” . No planeta das palabras hai moitas familias e entre ellas achúchanse e chegan a crear ata contos. Trátase dun contacontos interactivo de traballo coas palabras en grandes cartóns creando un conto-puzzle.