viernes, 28 de diciembre de 2012

"Cantámosche os Reis"

O 27 de decembro as 17:00 h. tivemos un espectáculo titulado "Cantámosche os Reis" subvencionado pola Secretaría Xeral de Normalización Lingüística. Olga Kirk e Pablo Díaz ensináronnos as cancións que se cantaban na noite de Reis polas casas de tódolos pobos galegos. Estas son as fotos da actividade:

Espectáculo Magos do Ribeiro

O martes 25 de decembro tivo lugar un espectáculo dos Magos do Ribeiro as 20:00 h. Ao finalizar realizouse un sorteo de agasallos entre os asistentes. Estas son as fotos:

Concurso de Postais de Nadal

Durante todas as vacacións de Nadal estarán expostas as postais que se presentaron ao concurso de Postais de Nadal convocado pola Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia. Presentaronse moitas postais de nenos de Primaria, pero por desgraza ningunha de Educación Secundaria. Ao quedar deserta esta categoría, o premio pasou a Primaria. O xurado do concurso estivo formado polo concellal de Cultura Xosé Prieto, o director do Conservatorio de música Amadeo Neira e o persoal de cultura, que quixeron premiar aquelas nas que era evidente cos nenos fixeran eles so as postais sen axuda dos maiores e debuxadas á man, sen axuda de fotocopias de debuxos e logo coloreadas. Unha mención especial é para o CRA Amencer que coma sempre participan amplamente nas actividades que lles propoñemos. Os premios consisten en un lote de libros, un xogo educativo, marcapáxinas e golosinas. Estas son as fotos das postais.

Concurso de Panxoliñas

O sábado 22 de decembro tivo lugar o Concurso de Panxoliñas que convoca todos os anos a Concellalía de Cultura do Concello de Ribadavia, e que tivo lugar no Auditorio da Casa da Cultura. Ao finalizar o devandito concurso a biblioteca fai entrega dos premios do concurso de Postais de Nadal da biblioteca. Estas son as fotos do concurso e da entrega de premios:

jueves, 20 de diciembre de 2012

Visita escolar

Hoxe, os nenos de 3 anos de Primera Infancia do CRA Amencer fixeron unha visita á Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia.Fixémoslle entrega dos carnets da biblioteca para poder levar libros e fixeron un debuxo relacionado co Nadal. Estas son as fotos.

jueves, 13 de diciembre de 2012

Obradoiro de cantos de Nadal

Os músicos Pablo Díaz e Olga Kirk impartirán un obradoiro de cantos de Nadal na Casa da Cultura de Ribadavia 27 de decembro de 2012 as 17:00 h. Os obradoiros, dirixidos a asociacións culturais e veciñais e mais a público...en xeral, perseguen a difusión de cancións en galego propias destas festas para que as celebremos na nosa lingua e mais a recuperación da tradición de interpretar nadais, aninovos e reis polas casas de cada aldea e vila do país. Mais adiante ampliaremos a información

Decoración navideña na biblioteca

A biblioteca tamén se adecenta para o Nadal, e sobre todo a sala infantil, que é o que mais apetece e os que mais lle gusta

Concurso de postais de Nadal

BASES: 1- Poden presentarse todos os nenos de Preescolar, Primaria e Secundaria. 2-O prazo de presentación remata o 21 de decembro. 3-Haberá 3 categorías: Preescolar, Primaria e Secundaria. 4-O formato da postal será Din A-4, partido pola metade, e por detrás terán que por o nome, apelidos, dirección e teléfono. 5-Incluirá as felicitacións do Nadal en galego. 6-O xurado estará formado polo concellal de cultura e persoal da mesma concellalía. 7-As postais serán expostas a partir do 22 de decembro na Casa da Cultura, especificando xa os premidados. 8-O premio consistirá nun lote de libros e un pequeno agasallo, que se entregará no concurso de Panxoliñas, o 22 de decembro. Organizan: Concellalía de Cultura e Biblioteca Pública Municipal