lunes, 18 de octubre de 2010

Actividades en outubro na Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia

O venres 22 de outubro as 17:30 h., con motivo do Dia da Biblioteca (24 de outubro), terá lugar na Biblioteca de Ribadavia unha sesión de contacontos a cargo da compañia Trinke, titulado "Unha de ratos na biblioteca".Os ratos de Lonxedetodo achéganse á Biblioteca para compartir cos nenos os seus contos e as suas aventuras e de paso levar emprestados novos contos para a sú aldea.


O sábado 30 de outubro e como colaboración coa organización da Noite Meiga, teremos un contacontos de medo dirixido aos nenos, da man de Duende Sico, ás 17:00 h.O . O Duende Sico está de viaxe por Galicia contando as súas historias a todos os rapaces e fará unha parada en Ribadavia para contarnos un conto nese día tan especial de Samain e facernos non so pasar medo senon tamén momentos de risa.

miércoles, 6 de octubre de 2010

Novas adquisicións da Biblioteca

A Biblioteca de Ribadavia incorporou estes días tres novas coleccións o servicio dos usuarios desta biblioteca. Trátase en primeiro lugar, dunha colección de libros en inglés, na cal atopamos dende libros para nenos ata libros para adulto, tanto de temática novelada como de dintintos temas xerais. A creación desta colección é debida á ampla demanda de libros en inglés por parte dos usuarios, dende fai uns anos, que poidese completar os estudos deste idioma.

A outra colección é a de cómics, que xa empezamos a facer o ano pasado, e debido ao seu éxito estamos completando series con novos exemplares que tiveron moita acollida e novas coleccións.

Por último, e non menos importante, unha colección de películas clásicas en DVD. Coa idea de ofrecer os numerosos usuarios cinéfilos, que non atopan en videoclubs, películas antigas en DVD, a Biblioteca decidiu incorporar aos seus fondos dúas coleccións de DVDs, unha titulada "Joyas de cine" composta por 46 DVD, cun total de 138 películas clásicas da historia do cine. A outra colección é "Grandes directores" composta por 20 DVD, cun total de 40 películas de importantes directores coma Alfred Hitchcock, Ingmar Bergman,Luchino Visconti, etc...