jueves, 26 de febrero de 2009

Entroido Casa da Cultura

O venres 20 de febreiro os nenos do Conservatorio de Música e da Escola de Música, xunto o persoal da Casa da Cultura en xeral e todos aqueles que quixeron participar connosco, disfrazámonos de indios e físoxe unha pasarúas pola vila amenizada con música dos alumnos do conservatorio. Despois na Praza Maior fixemos unha pequena merenda e actuaron de novo os músicos. Estas son algunhas das fotos:

Obradoiro de máscaras tradicionais

Do 16 ao 20 de febreiro tivo lugar na sala infantil da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, un obradoiro de máscaras tradicionais .Puderon ademais obter información e libros sobre os Entroidos en Galicia maís famosos, centrándonos na provincia de Ourense, dándolles a coñecer os distintos disfraces e máscaras maís coñecidos, os felos, boteiros, pantallas, vergalleiros, peliqueiros, etc...Pintaron as máscaras que lles demos xa dibuxadas. Elaquí unha foto da actividade:

Fotos "Xogos do Mundo"

O venres 13 de febreiro tivemos unha actividade da biblioteca chamada "Xogos do mundo" ás 17:30 h. para nenos de 6 anos en adiante, na Alamenda de Ribadavia. En principio ía ser para o 6 de febreiro pero por inconvintes do tempo, tivemos que cambiala para o 13 de febreiro, ainda que así acabamos tendo maior sorte, pois fixo tan bo tempo que levamos a actividade para a Alameda.
Os rapaces despois de escoitar información sobre as culturas azteca, inca e maya, que lles deu a monitora Nuria, de Solidaridade Internacional de Galicia, xogaron os distintos xogos destas culturas, Patolli de México, Puluc de América Central e Sapo dos Andes. O finalizar os nenos foron agasallados cos devanditos xogos.
Estas son as fotos:

jueves, 19 de febrero de 2009

Obradoiro de máscaras tradicionais

Do 16 ao 20 de febreiro terá lugar na sala infantil da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, un obradoiro de máscaras tradicionais para nenos de maís de 4 anos.
Ofrecerase aos rapaces información e libros sobre os Entroidos en Galicia maís famosos, centrándonos na provincia de Ourense, dándolles a coñecer os distintos disfraces e máscaras maís coñecidos, os felos, boteiros, pantallas, vergalleiros, peliqueiros, etc...
Pintaran as máscaras que lles daremos xa dibuxadas poñendolle o nome a cada unha delas.
Estes obradoiros serán a partires das 17:30 h. e ata o peche da biblioteca as 21:00 h.


jueves, 5 de febrero de 2009

Xogos do mundo

O venres 6 de febreiro teremos na biblioteca unha actividade chamada "Xogos do mundo" ás 17:30 h. para nenos de 6 anos en adiante.

Xogos do Mundo pretende fomentar a interculturalidade, para erradicar futuros comportamentos racistas, xenófobos e etnocentristas, e a creación de prexuizos e estereotipos culturais e sociais. Organiza: Solidaridade Internacional de Galicia e Biblioteca Pública Municipal.

Tratase dos xogos Patolli de México, Puluc de América Central e Sapo dos Andes. O finalizar os nenos serán agasallados cos devanditos xogos.