martes, 10 de mayo de 2016

Dia das Letras Galegas

Programa actividades da Biblioteca para o 17 de maio, Dia das Letras Galegas, na Praza Maior: - Exposición Libros de Manuel María -Exposición libros en galego novidades na Biblioteca -Exposición carteleria Día das Letras Galegas. -Actividade infantil: Contacontos Titiricleta de Anxo Moure as 12:00 h. A TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chega á biblioteca e irá á Praza Maior de Ribadavia o 17 de maio ás 12:00 h., pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala... Levará as nenas e os nenos de viaxe a mundos fantásticos, na procura da paz.

Falaredes

O 15 de maio as 17:00 h. na Casa da Cultura, terá lugar un espectáculo-concerto de Pablo Díaz para nenos de 0 a 5 anos titulado "Xente miúda, moita fartura". Esta actividade esta financiada pola Secretaria de Política Lingüística dentro do programa Falaredes

Dia das Letras Galegas

Para o Dia das Letras Galegas a Biblioteca fixo unha mostra bibliográfica sobre o homenaxeado Manuel María e unha exposición da cartelería do Dia das Letras Galegas. Estas son as fotos:

Dia Internacional do Libro

O 23 de abril celebramos o Dia Internacional do Libro cos nenos cunha actividade moi interesante, un contacontos titulado "Madame Bechamel e Signorina Bolognesa" e logo un sorteo de libros. Estas son as fotos: