lunes, 30 de marzo de 2009

"Un día con Picasso"

O 27 de marzo, as 17:30 h. na Casa da Cultura de Ribadavia, a biblioteca levou a cabo o obradoiro "Un día con Picasso" do grupo Crearte, dentro do programa Letras Vivas Animación, subvencionado pola Consellería de Cultura.
Mirando a través dos ollos de Picasso, coñeceron a vida rosa do circo, viaxaron de Ribadavia a Barcelona e chegarron a París!. Falaron de cando Picasso comezou a xogar coa xeometría e fixeron o seu autorretrato cubista a partir dunha foto de carnet ampliada a un A4. Unha divertida e participativa actividade na que os rapaces interpretaron as imaxes artísticas, estimulando a creatividade, e establecendo conexións entre as artes visuais, as matemáticas, a lingua e a historia. A actividade empregou os fondos bibliográficos de arte e rematou cun obradoiro plástico.
Estas son as fotos: