lunes, 17 de diciembre de 2007

ACTIVIDADES NADAL

A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, organiza
un concurso infantil de postais de Nadal.
As bases do concurso son:

1.-Poderán participar tódolos nenos e nenas de Educación Primaria

2.-O tema dos debuxos será o Nadal

3.-Os debuxos presentaranse na Biblioteca de Ribadavia, en horario de 9:30 a 13:30 h. da mañan e de 17:30 a 21:00 h da tarde, e deberán ir acompañados dos seguintes datos: nome e apelidos, idade e enderezo. O prazo de entrega das postais é ata o 28 de decembro.

4.-Tódolos participantes terán un agasallo e establecense 5 premios as tarxetas premiadas.

5.-Establecerase un xurado para o fallo do concurso, formado por o concelleiro de cultura, a bibliotecaria e persoal da Casa da Cultura.

6.-Os premios entregaranse no Festival das Panxoliñas que terá lugar o 30 de decembro ás 18:00 h. na Casa da Cultura de Ribadavia.

7.-Tódolas postais serán expostas na Casa da Cultura a partir do 1 de xaneiro.


LUDOTECA DE NADAL
A Concellería de Cultura coa colaboración do persoal da Casa da Cultura, organiza un ano mais a ludoteca de Nadal, na que poden participar tódolos nenos entre 4 e 14 anos. Serán os días 26, 27 e 28 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro. O horario será de 10:00 h. a 13:30 h. de mañán, e de 16:30 h. a 20:00 h. de tarde.

O grupo Xaraiva é o encargado xunto co persoal da Casa da Cultura de levar a cabo distintas actividades de lecer para os nenos, que van dende obradoiros según as idades dos nenos, ata Karaoke, cine, etc... O 28 de decembro pola tarde faranse xogos populares na Alameda dende as 16:30 h, e o 4 de xaneiro pola tarde celebrarase unha festa de fin de ludoteca na que terán que participar os pais dos nenos.

Este ano como novidade, a ludoteca levarase tamén os distintos pobos do concello de Ribadavia, concretamente, a San Cristovo o martes 18 de decembro, a Francelos o mércores 19 de decembro e a Sampaio o xoves 20 de decembro. En todos os pobos o horario será de 16:30 h. a 18:30 h.


CONCERTO DE NADAL DO CONSERVATORIO DE MÚSICA
MUNICIPAL DE RIBADAVIA

O xoves 20 de decembro ás 20:00 h. terá lugar o concerto de Nadal
que o conservatorio municipal soe dar nestas datas.
Participarán todos os nenos da Escola de Música e do Conservatorio, e decir nenos dende os 4 anos en adiante.
O repertorio será variado e dacordo coa idade dos nenos, xa que os cativos de música e movemento cantarán panxoliñas vestidos de reis os nenos e de pastoras as nenas, mentras cos maiores amosarannos os seus avances co instrumento musical escollido.

ACTIVIDADES FIN DE SEMANA 29-30 DE DECEMBRO


  • TEATRO MOFA E BEFA. O sábado 29 de decembro ás 20:30 h. representarán a obra "Sempre ao lonxe" no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia. Prezo 2 euros

  • FESTIVAL DE PANXOLIÑAS. O domingo 30 de decembro ás 18:00 h. no Auditorio da Casa da Cultura.

  • Concerto de Nadal por Camerata Ad Libitum. O domingo 30 de decembro ás 20:00 h. na Igrexa de San Francisco. Organizado pola Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico.



martes, 11 de diciembre de 2007

Actividade fin de semana 14-16 de decembro

O día 14 de decembro ás 19:30 h. na Casa da Cultura de Ribadavia, terá lugar a proxección da película "Pataghorobi" dentro do programa Cinema Dixital.

“Pataghorobí” é un proxecto de telefilme seleccionado por TVG debido ao seu interese cultural. O guión e argumento deste telefilme parten do relato homónimo de Xosé Cid Cabido, integrado no seu libro “Oralmente pola boca” (Edicións Xerais de Galicia, 1997). Este autor de recoñecido prestixio nas letras galegas xa obtivo, entre outros recoñecementos, o Premio Café de Catro a Catro de novela curta 1987, o Premio Cidade de Lugo 1991, o Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais 1992 e o Premio Blanco Amor en 1994.
Con esta produción queremos inaugurar unha serie de telefilmes baseadas en textos literarios de autores galegos contemporáneos.

Argumento

Xabier é un escritor vigués que un día recibe unha estraña carta. Nela pídeselle que a faga circular a fin de mellorar a súa sorte, máis tamén se lle advirte que, de non facelo antes das 96 horas seguintes á súa recepción, a mala sorte apoderarase del. É unha carta encadeada promovida por un misioneiro de nome estrambótico, Sual Arttic Croop. Xabier non dá máis importancia que a de arquivar unha copia como posible inspiración para un futuro relato. Logo desfaise da orixinal.Ese mesmo venres Xabier sae de copas, e se atopa cun curioso personaxe da súa infancia: o Jobino, fillo dunha muller do barrio que perdera a razón cando o seu home desapareceu, é á que chamaban “A Pataghorobí”. Levaba vinte anos en Venezuela, e volveu para o enterro do seu tío Endalecio.Xavier e mailo Jobino adéntranse xuntos na noite viguesa. Para sorpresa do escritor, o Jobino manéxase con soltura e naturalidade na movida nocturna, ata o punto de facerlle sombra e “levantarlle” o seu ligue: unha moza á que coñeceremos como “A Moderna”.Cando Xabier se dispón a marchar para deixarlle pista libre ó Jobino coa rapaza, este pídelle un derradeiro favor: precisa que lle permita durmir na súa casa coa Moderna.A regañadentes, Xabier consinte. O día seguinte Xabier descobre unha terrible escena na súa cas: a moza xace.Xabier é o único sospeitoso, e como tal é encadeado.Pasou un mes. Agora a moza, “A Moderna”, áchase nun coma profundo. Ó Jobino non o volveu ver mais e, segundo a policía, non é fillo da Pataghorobí. Baixo o corpo ensanguentado da muller foi atopada unha nota: “Agora xa é tarde. S.A.C.”
Agora Xabier lembra a carta.



O domingo 16 de decembro, ás 17:00 h, na Casa da Cultura de Ribadavia, proxectarase unha película dentro do programa cultural Cine Infantil. A película será "O bosque animado".

Sinopsis

Mentres o ocioso señor D'Abondo e o seu criado Rosendo atravesan a misteriosa e frondosa fraga de Cecebre, o criado sospeita que as árbores teñen vida e non dubida en exclamar "¡Parece que este bosque tivese vida!". Así é en realidade, xa que en canto afástanse, a natureza transfórmase e móstrase en todo o seu esplendor con árbores e animais que viven en alegre e animada harmonía. Con todo a man do home, que todo altérao, traerá ao bosque a desorde e a infelicidade. A colonia de topos empeza a desaparecer, os arboles xa non cantarán as súas cancións que imitan o vento, os gatos rebelásense contra o home e as moscas dedicaranse a incordiar mais do habitual. Na zona máis elevada desta fraga viven nun pazo majestuoso o Señor e a Señora D'Abondo, un matrimonio rico e avaro que moitas veces movidos polos seus propios intereses pon en perigo a vida dos moradores do bosque. A paz do bosque vese rota coa chegada dun novo e estraño inquilino, o Poste, alto e engreído que presume da súa utilidade para os homes. Ao mesmo tempo Furacroyos, ou Furi para os amigos, un simpático, tímido e enamoradizo topo, que ten instalada o seu tobo preto das árbores, pensa no mellor xeito e lugar para declararlle o seu amor a Linda, unha preciosa e decidida topita.

lunes, 3 de diciembre de 2007

Progamación semana 3-9 decembro


Dentro do programa Cinema Dixital terá lugar a proxeción da película "Condenado a vivir" de Roberto Bodegas, na Casa da Cultura, o día 6 de decembro ás 18:30 h.


Trata da historia de amor de Ramón Sampedro con Ramona Maneiro. Documentada coa colaboración de familiares, amigos , incluso a propia Ramona Maneiro, pretende reflecti-lo ultimo lazo que ataba a Ramón coa vida. O argumento narra como en 1998 a prensa española e extranxeira centra a súa atención nun home que dende o 23 de agosto de 1968 permañece na súa cama tetrapléxico e ó coidado da súa familia. Xa uns anos atrás este mariñeiro en terra reclamara o seu dereito a morrer dignamente, recurrindo nesta ocasión ós tribunais de xusticia. A súa extraordinaria personalidade e a firmeza das súas conviccións marcará a existencia de todos aqueles que son testemuñas da súa loita.


Dentro deste mesmo programa de Cinema Dixital, terá lugar a proxección da película "Entre Bateas" de Jorge Coira, no Centro Social da Fontiña Mariña en Francelos, o 8 de decembro ás 17:00 h.


O filme narra o conflicto que se dá na ría de Arousa entre os antigos contrabandistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto conductor de planeadoras e de Sergio, un antigo amigo seu que opta por pasarse ao tráfico de drogas. A trama complétase coa relación de Mario e a súa muller —que o abandona farta do seu oficio de contrabandista de tabaco— e os conflictos entre as redes de narcotraficantes.
O día 9 de decembro ás 17:00 h. terá lugar na Casa da Cultura de Ribadavia, a representación da obra "A disparatada historia do gran anfitrión" do grupo teatral xuvenil Grupo Laxas de Seixo.






















lunes, 26 de noviembre de 2007

Novos manuais de dieta moderna

Dieta moderna para
el tratamiento del colesterol

Conforme ás mais recentes investigacións científicas, as receitas deste libro permitiranlle reducir o colesterol no sangue e os riscos dunha posible enfermidade coronaria ou circulatoria por mor da arterioesclerosis. Fáciles de preparar e con numerosos consellos prácticos para lograr os mellores resultados en calquera situación. Con pratos especiais e suxestións para guarnicións e especialidades da cociña integral, e para a adaptación das receitas aos demais membros da familia. Con exactas indicacións sobre o valor nutritivo dos alimentos e o seu contido en calorías, proteínas, graxas, hidratos de carbono e fibra. Magníficas fotografías en cor, esquemas, táboas e debuxos explicativos.


Dieta moderna para
el tratamiento de la diabetes

As receitas deste libro axudaranlle a combater a enfermidade e a reducir o nivel de azucre no sangue, segundo as mais recentes investigacións científicas. Fáciles de preparar e con numerosos consellos prácticos para lograr os mellores resultados en calquera situación. Con pratos especiais e suxestións para guarnicións e especialidades da cociña integral, e para a adaptación das receitas aos demais membros da familia. Con exactas indicacións sobre o valor nutritivo dos alimentos e o seu contido en calorías, proteínas, graxas, hidratos de carbono e fibra. Magníficas fotografías en cor, esquemas, táboas e debuxos explicativos


Dieta moderna para
las enfermedades cardiovasculares e hipertensión

As receitas deste libro axudaranlle a previr as enfermidades cardíacas e circulatorias e a potenciar o tratamento médico das mesmas, segundo as mais recentes investigacións científicas. Fáciles de preparar e con numerosos consellos prácticos para lograr os mellores resultados en calquera situación. Con pratos especiais e suxestións para guarnicións e especialidades da cociña integral, e para a adaptación das receitas aos demais membros da familia. Con exactas indicacións sobre o valor nutritivo dos alimentos e o seu contido en calorías, proteínas, graxas, hidratos de carbono e fibra. Magníficas fotografías en cor, esquemas, táboas e debuxos explicativos.


Dieta moderna para
la reducción del ácido úrico y prevención de la gota

Esta dieta influiralle eficaz e positivamente no descenso das cifras de acedo úrico en sangue e, ao mesmo tempo, contribúe á prevención do desenvolvemento de complicacións como a pinga, os cálculos e a insuficiencia renal. Fáciles de preparar e con numerosos consellos prácticos para lograr os mellores resultados en calquera situación. Con pratos especiais e suxestións para guarnicións e especialidades da cociña integral, e para a adaptación das receitas aos demais membros da familia. Con exactas indicacións sobre o valor nutritivo dos alimentos e o seu contido en calorías, proteínas, graxas, hidratos de carbono e fibra. Magníficas fotografías en cor, esquemas, táboas e debuxos explicativos


Soy lo que como

Este libro propón, nun ton ameno e accesible, a forma máis adecuada de aprender a comer de xeito saudable, unha tarefa que achegará grandes beneficios á nosa saúde, e grazas á cal contaremos con máis e mellor enerxía á hora de atopar ese equilibrio físico e emocional tan desexado. Por esa razón Son o que como describe as propiedades dos alimentos e as bebidas que inxerimos, explica o estreito vínculo que os seus nutrientes manteñen co organismo e á súa vez recomenda, cal é o mellor modo de coidalo, que por suposto inclúe cultivar o tempo de lecer e esparexemento e realizar algún tipo de actividade física

Actividades fin de semana 30 novembro a 2 de decembro


O fin de semana iniciase con moito deporte para a xuventude de Ribadavia, xa que dende o venres 30 de novembro ata o 2 de decembro levarase a cabo un programa chamado "Ruando, deporte para todos". O horario será de 11:00 h a 14:00 h de mañá, e de 16:30 h. a 20:00 h. da tarde.
E unha carpa de 600 metros cadrados que pretende promocionar o deporte de base nas diferentes vilas e cidades galegas. Ademais de poder practicar ata unha decena de deportes (entre eles o fútbol-sala, o fut-tenis, o balonvolea, o bádminton ou o baloncesto) os pequenos e as pequenas que se acheguen á carpa poden divertirse na zona de inchábeis, na área destinada á práctica de xogos tradicionais ou nos escenarios de animación.


"Ruando, deporte para todos" é unha iniciativa da Dirección Xeral para o Deporte. Segundo anunciou na presentación do proxecto o director xeral deste departamento, Santiago Domínguez Olveira, a iniciativa ten como obxectivo que "a carpa Ruando visite concellos e municipios de toda Galiza onde os nenos e nenas poidan ter máis problemas para acceder á práctica de determinadas modalidades deportivas".





O 1 de decembro as 19:30 h. terá lugar a proxección da película "Autopsia" no Centro Social Escola de Sampaio, no marco do programa Cinemas Dixitais. O argumento vai de que Daniel Casares é un mozo xornalista que se ve arrastrado inicialmente a aceptar un novo posto por indicación do seu xefe, e casualmente relaciona dous casos de asasinato sen resolver. O contacto con Amanda, a atractiva irmán dunha das víctimas, involucrarao máis na investigación. Con axuda do forense chegará ata os verdadeiros asasinos.

viernes, 23 de noviembre de 2007

Novas adquisicións libros

Los que le llamábamos Adolfo

Este libro de Luís Ferreiro é, nas súas propias palabras, «unha humilde contribución a ese exercicio conmemorativo» que terá lugar á mantenta do 75 aniversario de Adolfo Suárez. Moita xente recordaralle por ese motivo. «É certo que Adolfo, grazas a deus, aínda non morreu, pero tamén o é que, en sentido estrito, xa non está entre nós. elixiu un modo estraño de despedirse». Unhas páxinas apaixonantes e próximas que non buscan seguir alimentando as crónicas xornalísticas e os manuais de historia, senón que invitan a unha sobremesa de domingo na Moncloa, a unha tarde de confidencias regadas con Bourbon na Taberna do Collo ou a unha partida de mus entre amigos. O lector será testemuña das agónicas horas que seguiron ao golpe de estado do 23-F nun valente periódico de provincias e percorrerá a zancadas o despacho do presidente mentres repasa o seu discurso de investidura. Poderá saber algo máis dun home que se atopa camiño á lenda.


La ladrona de libros

Unha novela preciosa, tremendamente humana e emocionante, que describe as peripecias dunha nena alemá de nove anos desde que é dada en adopción pola súa nai ata o final da guerra. A súa nova familia, xente sinxela e nada afecta ao nazismo, ensínalle a ler e a través dos libros logra distraerse durante os bombardeos e combater a tristeza. Pero é o libro que ela mesma está escribindo o que finalmente lle salvará a vida.



La suma de los días

Isabel Allende narra á súa filla Paula todo o que sucedeu coa familia desde o momento en que ela morreu. O lector vive, xunto coa autora, a superación persoal dunha muller cunha forza inspiradora, rodeada sempre de amigos e familiares. A súa historia é emotiva, pero tamén está repleta de humor, personaxes pintorescos e anécdotas caóticas e divertidas sobre a complicidade, o amor, a esperanza, a maxia e a forza da amizade.


La bodega

La bodega contén a esencia da obra anterior de Noah Gordon: historias persoais de forza, personaxes de gran humanidade, retratos fidedignos dunha época, narrados por un escritor cuxa sensibilidade e acerto admirou a miles de lectores ao longo dos anos. É un retrinco do noso pasado, un interesante e rico retrato achega do proceso de elaboración do viño unha conmovedora historia de superación persoal, unha apaixonante trama de intriga, así como unha tenra e inesquecible historia de amor. Noah Gordon empregou todos os seus recursos literarios e o resultado é soberbio e emocionante.

Como iba diciendo

A lei antitabaco, o botellón, a derrota de España no Mundial e a corrupción en Marbella son algúns dos temas que Andreu Buenafuente, a gran estrela de late night show da televisión, aborda nestes monólogos. O seu novo libro inclúe unha selección dos mellores monólogos emitidos ao longo do ano 2006 no seu programa de Antena 3. O seu personalísimo estilo, -orixinal, intelixente e transgresor- hao encumbrado como un dos presentadores de televisión máis recoñecidos polo gran público e que foi galardoado con numerosos premios e o recoñecemento unánime da crítica. O libro inclúe un DVD no que podemos gozar dunha xornada de traballo de Buenafuente e o seu .


El apóstol número trece

Trepidante intriga relixiosa que se inicia na Santa Cea e conduce ao lector ata a actualidade, cando un monxe erudito retoma a pista do decimotercer apóstolo e dunha carta cuio contido faría cambalear os dogmas da fe dos católicos, xudeus e musulmáns. Servizos secretos, asasinatos, claves e códices, e sombrías bibliotecas e corredores vaticanos ao servizo dunha novela espectacular que cuestiona os cimentos das grandes relixións monoteístas


El azar de Laura Ulloa

En Vilavedra, unha capital varada fronte ao océano, o tempo parece estancado. E, con todo, nin sequera nun lugar así o pasado pode quedar atrás. Juana, testemuña durante décadas das paixóns ocultas dos Ulloa, recorda ao vello conde de Gondomar e patriarca da saga, que sentiu unha paixón terrible por unha muller que non era a súa; aos seus fillos Rafael e Jacobo, abocados a vivir separados pola distancia dun océano e, sobre todo, recorda á nova Laura, elixida polo destino para cumprir os seus designios. Pero o azar impón as súas propias leis e os feitos acaban indo na fala da xente como unha lenda da que só se pode falar en voz baixa. Galicia e Cuba, dúas terras nas que as noticias tráeas o vento e o mesmo aire arrastra os presaxios. Unha novela chea de segredos de familia, temores, sospeitas, e desexos inconfesables.



Crisis

Reaparece en todo o seu esplendor o inesquecible Jack Stapleton, o forense neoyorkino protagonista das mellores novelas de Robin Cook. Nesta ocasión terá que sacar dun grave apuro ao seu insufrible cuñado, un afamado e prepotente médico de Boston acusado de morte por neglixencia. Cando, a petición de Stapleton, practíquese a autopsia, a historia dará un xiro sorpredente...



La enfermera de Brunete

Brunete, verán de 1937. No asalto da loma do Espolón, Javier de Montcada, mozo empuxado a participar na guerra civil por dramáticas circunstancias familiares, cae ferido na batalla de Brunete. O novo soldado morrese cribado a balazos se Soidade, duquesa de Simancas, non lle doou o seu sangue no mesmo campo de batalla. Tras reporse da súa ferida no hospital militar de Salmanca, Soidade, casada co representante do bando nacional no Vaticano, sedúceo no seu dehesa. Javier confesa a súa traizón á súa prometida, Marie-Thérèse de Clermont, a moza francesa cuxa familia acolleunos a el e á súa nai tras unha tráxica fuga polos Pireneos. Tras saber que o seu pai, militar sublevado en Barcelona o 18 de xullo, fora fusilado, xurou vinganza e alistouse ao Terzo de Montejurra. Cando se despide de Soidade para volver á fronte nada fai presaxiar a Javier que a guerra aínda lle reserva unha desagradable noticia.


El niño con pijama de rayas

Estimado lector, estimada lectora: Aínda que o uso habitual dun texto como este é describir as características da obra, por unha vez tomarémonos a liberdade de facer unha excepción á norma establecida. Non só porque o libro que tes nas túas mans é moi difícil de definir, senón porque estamos convencidos de que explicar o seu contido estragaría a experiencia da lectura. Cremos que é importante empezar esta novela sen saber de que trata. No entanto, se decides embarcarche na aventura, debes saber que acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa xunto a unha cerca. Cercas como esa existen en moitos sitios do mundo, só desexamos que non che atopes nunca cunha. Para rematar, cabe aclarar que este libro non é só para adultos; tamén o poden ler, e sería recomendable que o fixesen, nenos a partir dos trece anos de idade.


El vino, uva a uva

El vino uva a uva descubrenos de forma lúdica os entrecixos da vinicultura, a enoloxía e a cata. Un enfoque novedoso do mundo do viño a partir das diferentes variedades de uva do noso país, os seus oríxes, o seu comportamento, a sua definición ampelográfica ou as suas aptitudes enolóxicas, algunhas inéditas ata o momento. As suxerentes recetas, especialmente pensadas para cada variedade de uva, poñen o toque maestro a esta orixinal obra.

jueves, 22 de noviembre de 2007

Actividades fin de semana 23-25 novembro 2007

O venres 23 de novembro ás 18:30 h. terá lugar na Casa da Cultura unha conferencia sobre os malos tratos e posteriormente a proxección da película "Sara" dentro do programa Cinemas dixitais (http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/)

A trama principal do filme transcorre entre unha parella de alto nivel social e económico na que a muller sofre malos tratos psíquicos e físicos. Sara (Laura Conejero) está casada con Daniel (Manuel Barceló) un profesor da Universidade que ao atoparse coa presión de obter a súa Cátedra en estudios medievais comeza a maltratala. Sara pertence a unha clase social acomodada na que ese tipo de circunstancias ocúltanse tralas aparencias, e así ela vive o seu drama en silencio




O sábado 24 de novembro ás 19:00 h. da tarde comenzará o II Certame de corais "En clave coral" no adro da Igrexa de San Domingos. Actuaran o Coro de Cámara do Club Artístico de Ribadavia, o Obradoiro Vocal A Vila de Ponteareas e a Coral Lestonnac de Cangas.





Ese mesmo día, ás 20:30 representarase a obra "Quero ser grande" polo grupo Talía Teatro. "Quero ser grande" é unha peza dirixida por Artur Trillo e na que actuarán Marta Ríos, Rosi Barcala, María Ordóñez


O mundo dos adultos non ten nada que ver co dos pequenos. Unha vida chea de preocupacións non ten semellanza ningunha coa etapa da infancia, onde todo é xogar e ir á escola. Dous colectivos de idade que moitas veces non se logran comprender mutuamente. Talía Teatro representa este sábado na Casa da Cultura"Quero ser grande", unha peza na que se pode observar a distancia que separa os grandes dos pequenos.



martes, 20 de noviembre de 2007

Programa Lendo Espero



Dende o 6 de xullo na que tivo lugar a inaguración do programa “Lendo espero” no Centro de Saúde de Ribadavia, contamos con dito servicio. Á inaguración asistiron o Delegado provincial da Consellería de Cultura, D. Xosé Carlos Sierra, o concelleiro de cultura, D. Anxo Collarte, a coordenadora do Centro de Saúde de Ribadavia, Dra. María Gómez e un pediatra do centro, Dr.Martín Nogueira.


“Lendo espero” é un proxecto da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte para achegar os libros os mais pequenos.


O programa consiste na introducción dun punto de lectura no Centro de Saúde da localidade, instalando nas zonas de agardar dos consultorios de pediatría un expositor con libros para os nenos e nenas que agardan a visita médica. O expositor, especialmente deseñado para resultar atraintes conterán libros e folletos explicativos da actividade.


A campaña responde ás inquedanzas da biblioteca en achegarse cada vez mais á poboación do municipio e fomentar a lectura entre os menores. Trátase de converter as salas de espera de pediatría, onde cada día grande cantidade de pais, nais e nenos comparten o tempo de espera, nun lugar tan axeitado como a casa, o colexio ou a biblioteca para compartir unha lectura breve que distraia e faga máis levadío ese tempo de espera.


Trátase fundamentalmente de libros de imáxenes, dirixidos ás primeiras idades, que conta coa revisión periódica da Biblioteca Municipal. Búscase que este punto de lectura sexa unha carta de presentación e sirva de enlace entre os novos lectores e a biblioteca.


A dirección do Centro de Saúde e o sector médico foron moi receptivos á posta en marcha deste proxecto mostrando grande interese e colaboración.

Novas adquisicións




A Consellería de Cultura
concedeulle á biblioteca de Ribadavia
varias subvencións:




  • Subvención para dotación de 2 ordenadores con acceso a internet
  • Subvención para dotación de fondos bibliográficos
  • Subvención para promoción do libro en galego e dotación de coleccións básicas
  • Subvención para dotación de mobiliario
Con estas axudas a biblioteca ten o obxetivo de ampliar e renovar unha sala que se ubicará na actual sala infantil, creando así unha sala de información xeral e audiovisuais. A sala infantil pasará a unha nova estancia que se anexionará á biblioteca moito mais ampla.
As novas adquisicións do material bibliográfico poderanse consultar no boletín de novidades que editou a biblioteca, na que ademaís podedes ler a sinopsis das novelas actuais disponibles, e que o podedes encontrar na biblioteca, no tablón de anuncios da Casa da Cultura e no Concello.

viernes, 16 de noviembre de 2007

Obras na Biblioteca

A Biblioteca de Ribadavia levará a cabo a ampliación da Sala infantil, debido a escasez de espazo da que dispoñen actualmente os nenos da vila. A intención é engadir unha sala contigua para crear unha nova estancia mais ampla. Contará coas novas adquisicións en libros e en DVDs infantis e un espazo para realizar actividades, coma contacontos, encontros, etc... Para que esta nova sala sea mais apetecible para os nenos, solicitouse a Consellería de Cultura, unha axuda para a súa remodelación e tamén o programa Bibliotecas Ilustradas, para levar a cabo a pintura dun amplo paramento vertical da devandita sala cun ilustrador de contos infantis.
Na antiga sala preténdese crear unha sala de audiovisuais, na que os cidadáns podan acceder non so á coleccións de VHS, DVD e CDs co que conta a biblioteca, senón tamén os numerosos recursos electrónicos cos que contamos na actualidade. Tamén se procederá á instalación de dúas cabinas para o acceso a internet para aqueles usuarios que traian os seus portátiles. Este novo mobiliario irá ampliándose gradualmente.

Ludoteca




A Concellería de Cultura en colaboración co persoal da Casa da Cultura e a Biblioteca Pública Municipal, porá a dispor dos cidadáns un novo servicio de ludoteca e servicios bibliotecarios os días que na Casa da Cultura estén programadas actividades culturais. Trátase de facilitar os interesados en asistir a actividades como son o teatro, maxia, conferencias, ciclos de cine, etc..., un lugar onde poidan deixar os seus fillos mentras eles asistan as ditas actividades. Deste modo abrirase unha ludoteca no horario das actuacións (cuia apertura será 15 minutos antes do comenzo e o peche tamén 15 minutos despois) con obradoiros para os nenos e a apertura da sala infantil da Biblioteca.