martes, 20 de noviembre de 2007

Programa Lendo Espero



Dende o 6 de xullo na que tivo lugar a inaguración do programa “Lendo espero” no Centro de Saúde de Ribadavia, contamos con dito servicio. Á inaguración asistiron o Delegado provincial da Consellería de Cultura, D. Xosé Carlos Sierra, o concelleiro de cultura, D. Anxo Collarte, a coordenadora do Centro de Saúde de Ribadavia, Dra. María Gómez e un pediatra do centro, Dr.Martín Nogueira.


“Lendo espero” é un proxecto da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte para achegar os libros os mais pequenos.


O programa consiste na introducción dun punto de lectura no Centro de Saúde da localidade, instalando nas zonas de agardar dos consultorios de pediatría un expositor con libros para os nenos e nenas que agardan a visita médica. O expositor, especialmente deseñado para resultar atraintes conterán libros e folletos explicativos da actividade.


A campaña responde ás inquedanzas da biblioteca en achegarse cada vez mais á poboación do municipio e fomentar a lectura entre os menores. Trátase de converter as salas de espera de pediatría, onde cada día grande cantidade de pais, nais e nenos comparten o tempo de espera, nun lugar tan axeitado como a casa, o colexio ou a biblioteca para compartir unha lectura breve que distraia e faga máis levadío ese tempo de espera.


Trátase fundamentalmente de libros de imáxenes, dirixidos ás primeiras idades, que conta coa revisión periódica da Biblioteca Municipal. Búscase que este punto de lectura sexa unha carta de presentación e sirva de enlace entre os novos lectores e a biblioteca.


A dirección do Centro de Saúde e o sector médico foron moi receptivos á posta en marcha deste proxecto mostrando grande interese e colaboración.

No hay comentarios: