martes, 5 de marzo de 2013

Xornais antigos

Xa fai tempo depositaron nas miñas mans uns periódicos antigos, a maioría da década dos 30 do século XX. Estes periódicos pola súa fraxilidade necesitan un cuarto coa temperatura e a humidade controladas, evitar o contacto direito coa luz solar e coa luz en xeral e tratar aos periódico cunha materia alcalina para reducir o proceso de hidrólisis ácida. Polo menos nos meus tempos de estudiante de museoloxía, agora coas novas tecnoloxías igual mudou o sistema. Este é un dos sistemas para conservalos. Asi que dada a falta de medios para a súa conservación e xa non digamos dixitalización para poder crear unha hemeroteca de consulta dos devanditos periódicos, decidín co consentimento do doante polo agora anónimo, cedelo ao Museo Etnolóxico de Ribadavia, onde dispoñen de medios suficientes para a súa conservación e quedaranse na vila que é o que nos interesa. Alí cuidaran de eles con esmero. Deíxovos un adianto de periódicos dos anos 1935, 1937, 1939 e 1940.

No hay comentarios: