viernes, 18 de mayo de 2012

Dia das Letras Galegas

O 17 de maio a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia para conmemorar o Dia das Letras Galegas, que este ano homenaxeaba a Valentín Paz-Andrade, fixo diversas actividades: -Exposición de libros de Valentín Paz-Andrade -Exposición de novedades en galego da biblioteca -Exposición da cartelería do Dia das Letras Galegas -Obradoiro de marcapáxinas infantil de Paz-Andrade -Contacontos ilustrado de Polo correo do vento titulado "Martiño, o carteiro porquiño" Os rapaces pasárono moi ben no contacontos que lles contou Carlos Taboada, mentras Pin o ía ilustrando maxistralmente, algo que aos nenos lles encantou. Logo fixeron eles mesmos un debuxo baixo a directrices de Pin, que os ía guiando e finalmente colorearon os debuxos que fixera Pin e que agora están expostos na biblioteca. Estas son as fotos das distintas actividades:
Despois Carlos e Pin asinaron os contos deles que temos na biblioteca e que todos podedes vir a emprestalos, e nenos ensinando algúns deses libros.Estas son as fotos:

No hay comentarios: