
O martes 30 as 18:00 h. teremos o espectáculo de maxia e contacontos misturado titulado “A maxia dos soños” do grupo A illa d@s nen@s. É un conto inédito no que os asistentes disfrutarán dunha fermosa historia que ten como protagonista a un neno que quere ser Mago e a través dun soño moi especial no que lle pasan cousas máxicas e é quen de facer realidade a súa ilusión. Neste espectáculo o conto relátase por unha voz en off e representado por un actor que fai o papel de neno e os distintos personaxes que son monicreques. Para todas as idades. Auditorio da Casa da Cultura.

No hay comentarios:
Publicar un comentario