martes, 10 de mayo de 2016
Dia das Letras Galegas
Programa actividades da Biblioteca para o 17 de maio, Dia das Letras Galegas, na Praza Maior:
- Exposición Libros de Manuel María
-Exposición libros en galego novidades na Biblioteca
-Exposición carteleria Día das Letras Galegas.
-Actividade infantil: Contacontos Titiricleta de Anxo Moure as 12:00 h.
A TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chega á biblioteca e irá á Praza Maior de Ribadavia o 17 de maio ás 12:00 h., pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala... Levará as nenas e os nenos de viaxe a mundos fantásticos, na procura da paz.
Falaredes
O 15 de maio as 17:00 h. na Casa da Cultura, terá lugar un espectáculo-concerto de Pablo Díaz para nenos de 0 a 5 anos titulado "Xente miúda, moita fartura". Esta actividade esta financiada pola Secretaria de Política Lingüística dentro do programa Falaredes
Dia das Letras Galegas
Para o Dia das Letras Galegas a Biblioteca fixo unha mostra bibliográfica sobre o homenaxeado Manuel María e unha exposición da cartelería do Dia das Letras Galegas. Estas son as fotos:
Dia Internacional do Libro
O 23 de abril celebramos o Dia Internacional do Libro cos nenos cunha actividade moi interesante, un contacontos titulado "Madame Bechamel e Signorina Bolognesa" e logo un sorteo de libros. Estas son as fotos:
jueves, 21 de abril de 2016
Dia Internacional do Libro Infantil
O 2 de abril celebramos xunto aos nenos da comarca o Dia Internacional do Libro Infantil cun contacontos teatralizado da man do grupo Tarabelos, que puso en escea "O traxe novo do Rei". Estas son as fotos:
Exposición Carteis Abrente
Este mes exporanse na Casa da Cultura os primeiros carteis da Mostra de Teatro Galego, xerme da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia actual. Estas son as fotos
Actividades Mes dos libros
Este mes levamos a cabo un proxecto para celebrar o Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o Dia do Libro. Esta exposición sobre o teatro, que ten a finalidade de dar a coñecer o mundo do teatro aos nenos, completarase con teatro infantil os días 2 e 23 de abril.
Esta é a exposición:
jueves, 20 de junio de 2013
Novidades Novela
Xa temos na biblioteca a dispor dos usuarios a útlima novela de Dan Brown "Inferno". Brown volve aos misterios históricos co súa personaxe favorita, o profesor de simboloxía Robert Langdon, inspirada en " La Divina Comedia de Dante". Toda a información sobre o libro na páxina web: http://www.infernodanbrown.com
/
Outra novidade na biblioteca é a última novela de Sarah Lark "LA isla de las mil fuentes". Nesta novela transportanos agora ata o Caribe e a beleza das súas illas: un novo territorio exótico recreado maxistralmente a través dunha historia familiar fascinante e única.
Novidades sección Cómic
Na sección de cómic incorporamos dous libros imprescindibles, "Miércoles" de Juan Berrio, obra ganadora dol Premio Internacional Fnac-Sinsentido de novela gráfica 2012 e "Ardalén" de Miguelanxo Prado, premiado como a mellor obra de autor español no XXXI Salón Internacional do Cómic de Barcelona e I Premio Zona Cómic como mellor cómic nacional publicado durante 2012.
"Galicia para el mundo" e Ribadavia
Temos a disposición dos usuarios o dvd do programa de " Galicia para el mundo" , que adicaron a Ribadavia titulado "Lo nuestro es puro teatro. Ribadavia", emitido o 18-05-2013e que a productora do programa amablemente non enviou pola colaboración que fixo o persoal da Casa da Cultura e a biblioteca con eles.
Noticias
Toda a semana a tope con actividades, primeiro foi o festival de fin de curso do Conservatorio e Escola de Música Municipal, sito na Casa da Cultura e polo tanto compañeiros nosos, aos cales axudamos sempre a decorar o auditorio, dos que vos amoso a foto. Este ano adicado a Brasil, pois a profesora Brenda cos mais cativos preparou dúas cancións brasileiras. Hoxe pola mañan é o festival de fin de curso do CPI Tomás de Lemos e xa estamos a preparar o San Xoán
Exposición Instrumentos de refugallo
Neste mes a Casa da Cultura acolle unha pequena exposición de instrumentos feitos con material de refugallo polos nenos da Escola de Música Municipal de Ribadavia, en concreto os alumnos de Música e movemento, que son os mais cativos
lunes, 13 de mayo de 2013
Visita escolares de 4º de Primaria
Visita escolares de 3º de Primaria
ACTIVIDADES DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A semana do 13 ao 17 de maio teremos na biblioteca unha mostra bibliográfica de Roberto Vidal Bolaño.
O día 17 de maio, a partir das 11,30 h. na Praza Maior de Ribadavia:
- Mostra bibliográfica de Roberto Vidal Bolaño na Praza Maior de Ribadavia
- Exposición de novidades editoriais en galego existentes na Biblioteca Municipal
- Exposición cartelería do Dia das Letras Galegas da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
- As 12 h. contacontos sobre o Dia das Letras Galegas para os nenos, do grupo Anima Acción, cos monicreques “Os Kiricreques”


jueves, 2 de mayo de 2013
Preparativos Dia das Letras Galegas
Xa estamos a preparar o Dia das Letras Galegas. Faremos unha mostra bibliográfica adicada o homenaxeado Roberto Vidal Bolaño, asi coma de libros en galego. Tamén como non unha actividade para os nenos, pois son o noso futuro, un contacontos da man da compañía Anima-Acción cos Kiricreques, que lles contaran cousas do Dia das Letras Galegas. Xa vos irei informando de mais.
"O aviador"
Uns 130 nenos de Educación Infantil e do CRA Amencer asistiron o 25 de abril ao contacontos "O aviador" da compañía Elefante Elegante para celebrar con nos o Dia do Libro, que coma vedes temos que extender no tempo a celebración para que poidan vir mais nenos. Precioso o contacontos, moi ameno e interactivo cos nenos, misturando unha curuxa de monicreque e teatro de sombras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















