miércoles, 1 de octubre de 2008
Contacontos Mario Tomás
O 5 de setembro ás 20:00 h. no Salón de plenos do Concello de Ribadavia (debido a choiva) houbo unha sesión de contacontos dentro do programa Letras Vivas Animación, a cargo de Mario Tomás, titulada "Contos doutro lugar". Estas son as fotos



lunes, 25 de agosto de 2008
Contacontos Irene en Senegal
O venres 22 de agosto ás 20:30 h. na Praza Maior de Ribadavia, organizouse un contacontos da man de "Solidaridad Internacional de Galicia" titulado "Irene en Senegal". Estas son as fotos da dita actividade, na que como vedes os nenos pasárono moi ben. Tamén fixemos unha pequena exposición de libros emprestados pola "Fundación Germán Sánchez Ruiperez" que complementan o programa de sensibilización entre os rapaces da comarca, para promover actitudes solidarias e valores comprometidos coa igualdade e a xustiza social








martes, 29 de julio de 2008
ANIMACIÓN Á LECTURA EN VERÁN
Durante todo o verán parte da biblioteca trasladarase a Piscina Municipal de Ribadavia. Nela montouse unha bibliopiscina, que consta dunha pequena carpa na que os nenos poden facer multitude de actividades entre baño e baño, dende ler contos, debuxar e colorear láminas, xogar con xoguetes, etc...O 22 de agosto ás 20:30 h. terá lugar unha sesión de contacontos e un obradoiro na Praza Maior de Ribadavia. Trátase do conto "Irene en Senegal", a nova proposta da colección "Contos do Mundo". Unha vez maís, Irene, unha rapaza filla de cooperantes, achegará ós mais pequenos aspectos da cultura e as xentes deste país africán. A través da realización de talleres de contacontos e o fomento da lectura da obra, preténdese promover entre os rapaces e rapazas actitudes solidarias e valores comprometidos coa igualdade e a xustiza social. Esta actividade será levada a cabo pola organización Solidaridade Internacional de Galicia, coa colaboración da Biblioteca Pública Municipal.

O 5 de setembro, previo as festas do Portal, terá lugar outra sesión de contacontos ás 20:30 h. na Praza Maior de Ribadavia. Trátase de "Contos chegados doutro lugar" a cargo de Mario Tomás. Nesta ocasión o gran Marionetto chega e conta unha historia das que ten recollido polos seus viaxes. Trátase do enlace de diferentes contos orientais, de tal xeito que sexa un conto a continuidade do seguinte. Esta actividade está dentro do programa Letras Vivas Animación, que leva a cabo a Xunta de Galicia en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia.
lunes, 30 de junio de 2008
FOTOS CICLOBIBLIOTECAS
O domingo 29 de xuño chegou ás 12:30 h. á Praza Maior Anxo Moure coa sua ciclobiblioteca. Os nenos da vila disfrutaron das historias que Anxo lles contou, e logo leeron un pouco os libros que lles achegou a ciclobiblioteca. Pero creo que o que mais lles gustou foi o final cando diron unha volta na ciclobiblioteca pola Praza Maior ante a atenta mirada de tódolos que estaban disfrutando das terrazas de verán ese domingo pola mañán. Incluso algún pai animouse a levar a bici chea de nenos, e como non a bibliotecaria, Teresa, ou sexa, eu, atrevinme a levala, ainda que o principio cun pouco de medo porque non tiña frenos. Dende aquí un saúdo a Anxo porque fíxonos pasar un día estupendo e esperamos contar con él outra vez. Estas son as fotos.

























miércoles, 18 de junio de 2008
CICLOBIBLIOTECA
O domingo 29 de xuño virá a Ribadavia a Ciclobiblioteca da man do ecoloxista e contacontos Anxo Moure.Ven e divirtete con contacontos ambulante, xa que a ciclobiblioteca percorrerá as rúas da vila, parando nas distintas prazas e facendo contacontos en cada unha delas. Lee, canta e xoga co animador Anxo Moure. Haberá un pequeno agasallo para os participantes. Partiremos da Praza Maior de Ribadavia para percorrer todo o pobo.
Anxo Moure leva quince anos percorrendo as escolas de Galicia cos seus contos solidarios. O diñeiro que gana dedicao a mercar bicicletas para os mestres, traballadores sociais e médicos do Tercer Mundo. conseguiu máis de 1.200 bicicletas para axudar a colectivos marxinados de 23 países.
martes, 20 de mayo de 2008
FOTOS ACTIVIDADES DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O 16 de maio tivo lugar o obradoiro "Os meus libros" do grupo Xaraiva, ás 19:00 h. dentro do programa Letras Vivas Animación. Estas son as fotos dos participantes, que por certo sairan no periódico "La Región" o mércores 21 de maio no suplemento escolar.




O 17 de maio tivo lugar na Praza Maior de Ribadavia os actos polo Dia das Letras Galegas. Físoxe unha exposición de libros en galego da biblioteca, un obradoiro de marcapáxinas para nenos e a lectura continua da obra de Xosé Mª Álvarez Blázquez no salón de plenos do Concello. As 20:00 h. finalizaronse os actos deste día coa representación teatral de "Un agasallo para Xaquín". Estas son as fotos.




sábado, 17 de mayo de 2008
DIA DAS LETRAS GALEGAS
O día 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Por eso a Biblioteca Pública Municipal e a concellalía de Cultura van realizar varias actividades para nenos e maiores. Xa o 16 de maio dentro do programa Letras Vivas Animación realizou para os nenos un obradoiro "Os meus libros" polo grupo Xaraiva na biblioteca.
O 17 de maio a partir das 11 h. farase unha exposición de libros da biblioteca en galego, na Praza Maior de Ribadavia. Exporase tamén un mural feito artesanalmente para conmemorar este día.
A partir das 12 h. empezará a lectura da obra de Xosé María Álvarez Blázquez, tras agardar un minuto de silencio en memoria do escritor e profesor ribadaviense Xosé Gómez Alfaro, no salón de plenos do Concello de Ribadavia. A mesma hora iniciarase un obradoiro de marcapáxinas para os nenos adicado o Dia das Letras Galegas.
Pola tarde, as 20:30 h. terá lugar a representación de "Un agasallo para Xaquín" do grupo Os Monicreques de Kukas. Espectáculo creado por proposta do Instituto Galego de Consumo que conta a historia de Xaquín, un neno consumista e caprichoso que só se alimentaba de larpeiradas e mercaba sen xeito, ata que o día do seu aniversario vive un pesadelo que o fará reflexionar sobre a súa actitude cambiando os seus hábitos de vida.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)