viernes, 5 de diciembre de 2008

GRAFFITI E LETRAS

O 22 de decembro ás 17:00 h. na Casa da Cultura, terá lugar unha actividade de animación lingüística, Graffiti e letras”, proposta por A Nosa Terra e desenvolvida polo escritor e ilustrador Anxo Fariña. Neste caso, os destinatarios son os rapaces entre 12 e 14 anos. O obxectivo é dinamizar o uso do galego nesta etapa de idade desde unha perspectiva creativa, asociando o uso do galego coa modernidade, a cultura urbana e as expresións artísticas máis actuais.
Segundo explica Anxo Fariña, os obradoiros fanse con grupos de entre 25 e 50 persoas. Duran preto dunha hora e os asistentes reciben nocións básicas sobre os signos, as letras e a súa evolución. a seguir, é o momento de practicar sobre papel, para que despois poidan levar os murais que fagan e seguir traballando neles. E é tal o entusiasmo dos rapaces que Anxo sinala que “podería estar semanas con eles, facer poemas visuais, crear imaxes...”. Esta aposta por un “xeito de expresión máis moderno e urbano en galego” provoca que os cativos vexan a actividade como “algo divertido, que está de moda” e virarlles as costas a outros tópicos.

UN NADAL CHEO DE CONTOS

O 26 de decembro ás 18:00 h. terá lugar unha sesión de contacontos infantil da man do grupo Tarabelos, no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia. Algo máxico enche o Nadal de contos e máis contos... Presentamnos dous contos clásicos de Nadal, baixo o título: "Un Nadal cheo de contos". A técnica utilizada é a "narración ilustrada", utilizando títeres, teatro de sombras, máscaras,escenarios e outras técnicas teatrais para ilustrar a narración do contacontos. No espectáculo combínanse dous contos. Os contos que ofrecemos son: "Canción de Nadal" CHARLES DICKENS (Ilustrado con títeres de luva, pompas de xabón e outros) e "O primeiro día do Nadal" A BIBLIA (Ilustrado con disfraces da época e cos propios nenos que fan un Belén vivente)

martes, 25 de noviembre de 2008

A meiga dos contos

O 1 de novembro, como colaboración con Activa-T, os programadores da Noite Meiga en Ribadavia, celebramos a noite meiga infantil. Tivemos na biblioteca un contacontos titulado "a meiga dos contos" da man de Ana María Fernández, ás 18:00 h., que lles contou varios contos, algúns de moito medo. Estas son as fotos, que como vedes, pasárono moi ben.

lunes, 10 de noviembre de 2008

Encontro de Axóuxeres

O 7 de novembro ás 18:00 h. tivo lugar unha nova sesión do Encontro de Axoúxeres, programa da Secretaria Xeral de Normalización Lingüística, no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia. Esta vez os encargados da actividade foron Galitoon e o moneco que idearon para esta actividade, Totó, que fixo as delicias de todos os nenos. Estas son algunhas das fotos, que como vedes, ó entrar poñíanse un pano á cabeza de cores distintas, tamén déronlles unhos axoúxeres os nenos, e moi cómodos, porque podían estar tirados polo chan, cantaron, riron, bailaron, e en fin, pasárono moi ben.

martes, 14 de octubre de 2008

"Contos en cantos"

Do 6 ao 10 de outubro púdose ver na Casa da Cultura a exposición IMAXINOQO dentro do programa "Contos en cantos". A exposición ademaís de carteis dos contos de OQO Editora, contaba con obxetos dos contos coma a avestruz Mariluz, ou a bañeira de Chocolata, e taburetes nos que poder sentarse a ler os contos. Estas son as imaxes da exposición:

O venres 10 de outubro tiveron lugar dous obradoiros, para nenos de entre 5 e 10 anos. Estas son algunhas das fotos:
O que mais gustou da exposición foi o karaoke no que os nenos podían cantar os contos de OQO Editora, cantados por Almudena Janeiro. Estas son as fotos:

O sábado tivo lugar o concerto "Contos en cantos", coa voz de Almudena Janeiro, cun repertorio variado en galego. A Dirección Xeral de Política Lingúistica agasallou os nenos cun libro-cd-dvd Contos en cantos. Estas son as fotos:

miércoles, 1 de octubre de 2008

Programa Contos e Cantos

A Xunta e OQO Editora levaran a cabo en Ribadavia, unha campaña chamada “Contos en cantos” de promoción da lingua galega que combina música e literatura para os nenos. Dita campaña percorrerá municipios de toda Galicia para fomentar o uso da lingua galega entre os mais pequenos a través da combinación de contos, cantos, e obradoiros, en concreto ademais de Ribadavia, estarán en Ourense, Vilalba, Gondomar, Redondela e Cambre.
13 obras da literatura infantil editadas por OQO convertíronse en cancións neste proxecto, que intenta “alimentar o repertorio musical infantil” en lingua galega o tempo que os mais pequenos coñecen estilos musicais doutros paises como Grecia, Brasil ou Arxentina.
O progama comenzará o 6 de outubro cunha exposición na Casa da Cultura, ata o 11 de outubro. O venres, 10 de outubro haberá dous obradoiros, un as 17:30 h. para nenos de 5 a 7 anos, e un as 18:30 h. para nenos de entre 8 e 10 anos. Ambos obradoiros terán unha duración de 50 minutos e tan so admitiran 25 nenos por obradoiro, pola cal teran que anotarse na Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia.
Dita campaña rematará o 11 de outubro ás 12 h. cun concerto no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia coa intención de “alimentar o repertorio musical infantil” en lingua galega.

Contacontos Mario Tomás

O 5 de setembro ás 20:00 h. no Salón de plenos do Concello de Ribadavia (debido a choiva) houbo unha sesión de contacontos dentro do programa Letras Vivas Animación, a cargo de Mario Tomás, titulada "Contos doutro lugar". Estas son as fotos