jueves, 13 de diciembre de 2012
Concurso de postais de Nadal
BASES:
1- Poden presentarse todos os nenos de Preescolar, Primaria e Secundaria.
2-O prazo de presentación remata o 21 de decembro.
3-Haberá 3 categorías: Preescolar, Primaria e Secundaria.
4-O formato da postal será Din A-4, partido pola metade, e por detrás terán que por o nome, apelidos, dirección e teléfono.
5-Incluirá as felicitacións do Nadal en galego.
6-O xurado estará formado polo concellal de cultura e persoal da mesma concellalía.
7-As postais serán expostas a partir do 22 de decembro na Casa da Cultura, especificando xa os premidados.
8-O premio consistirá nun lote de libros e un pequeno agasallo, que se entregará no concurso de Panxoliñas, o 22 de decembro.
Organizan: Concellalía de Cultura e Biblioteca Pública Municipal
lunes, 26 de noviembre de 2012
Nomeamento de Fillo adoptivo do Concello de Ribadavia a Xesús Alonso Montero
O sábado 24 de novembro as 12:00 h. tivo lugar o emotivo acto de nomeamento como fillo adoptivo do Concello de Ribadavia a Xesús Alonso Montero. Foron moitos os momentos emotivos, dende as actuacións da Banda de gaitas de Ribadavia, a Banda de gaitas da Deputación, a Banda A Lira de Ribadavia e como non a actuación de Carlos Núñez, que fixo un alarde da súa xenialidade coa súa actuación. Tamén grandes discurso de políticos, literatos, catedráticos, ex-alumnos, e sobre todo numerosos amigos que na distancia e nun precioso video, achegáronnos anécdotas deste bonhome. Como parte da organización perdinme o poder facer fotos de todas as actuacións, sobre todo da Banda de gaitas de Ribadavia, pois estaba traballando para despexarlles o escenario para poder subir a actuar en el, asi que fáltanme as fotos deles. Estas que vos amoso foron algunhas que puden facer:
viernes, 2 de noviembre de 2012
Exposición O Samaín
A biblioteca pública municipal tamén quere celebrar o samaín, por eso fixemos esta pequena exposición sobre o Samaín con propostas de lectura de medo para os mais cativos.
jueves, 25 de octubre de 2012
Onte, Dia Internacional das Bibliotecas, foi un día atareado, pese aos recortes. Pola nosa parte celebrámolo cun obradoiro para nenos de marcapáxinas monstruosos e con agasallo de libros a todos os usuarios que se achegaron á biblioteca a emprestar un libro. Por suposto os nenos do obradoiro tamén levaron un libro de regalo. Esta é unha foto do marcapáxinas que fixeron e o libro de agasallo que levaron.
Novidades
Novidades na sala infantil e xuvenil para axuda ao estudo de diversos temas dende o punto de vista pedagóxico, arte, historia, persoaxes ilustres, etc...
Novas adquisicións
Novas adquisicións na sección de cómic da biblioteca e recursos para o estudo de inglés a disposición dos usuarios infantis
Lendo Espero
Esta semana levouse a cabo a reposición de libros da estantería que a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia colocou na sala de espera de Pediatría do Centro de Saúde de Ribadavia. Como sabedes forma parte do programa Lendo Espero, proxecto que ten como obxetivo promover a lectura entre os máis cativos e á vez facer máis levadeira a espera no médico. Pero por desgracia fai falla repoñer os libros cada 6 meses porque desaparecen.... a pesar dos carteliños...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















