miércoles, 16 de marzo de 2011

Actividade de Bocaberta

O luns 14 de marzo tivo lugar unha actividade do programa Bocaberta que está a levar a cabo Política Lingüistica en concellos de toda a Comunidade galega, na que os encargados foron a editorial Tambre. Acudiron a actividade nenos do CRA Amencer e 1º e 2º do colexio Tomás de Lemos. Estas son as fotos:

miércoles, 26 de enero de 2011

Premios Maria Moliner

Estamos de noraboa. A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia recibiu por segunda vez (a anterior foi no 2008) un dos premios Maria Moliner aos mellores proxectos de animación á lectura infantil nas bibliotecas públicas de ámbito estatal. O proxecto premiado foi "ABril, mes dos libros. Un día, un libro. Educando en valores", desenvolto no mes de abril e que consistía nunha exposición dun calendario do mes de abril con pestanas que se ían abrindo cada día e descobrían un libro referente a distintos valores. Esta exposición completábase con distintas actividades que podedes consultar no historial deste blog. Esta é unha das fotos, para que vos lembredes.

Concurso de postais de Nadal

O 26 de decembro, despois do concurso de Panxoliñas, tivo lugar a entrega dos premios nas distintas categorías do Concurso de Postais de Nadal que esta biblioteca organiza tódolos anos. Os gañadores foron: En Educación Infantil Uxía Alvarez do CRA Amencer, En Primaria Ana Martínez e Noa Alonso e en Secundaria Andrea González. Todos os gañadores recibiron un lote de libros e un quebracabezas. Estas son as fotos da exposición e da entrega:





Contacontos

o 29 decembro, por fin, os ratos da biblioteca do grupo Trinke Trinke, visitaron a nosa biblioteca, contando numerosos contos que fixeron as ledicias os mais cativos. Estas son as fotos:

Obradoiro Rosalía de Castro

O 12 de novembro tivemos na sala infantil da Biblioteca un obradoiro do grupo Crearte, titulado "Un día con Rosalía de Castro" no cal unha actriz-educadora encarna a unha Rosalía que rí, que xoga e que canta á Galicia, levándonos a un cheo de palabras a través de xogos de creación literaria. Os nenos pasárono moi ben e recoñeceron a poesía de Rosalía en cancións como "Adios ríos, adios fontes".

miércoles, 22 de diciembre de 2010

Programa de Nadal


Ludoteca de Nadal (información Casa da Cultura)
Concurso de postais de Nadal (ata o 23 de decembro, recóllense na Casa da Cultura)
23 de decembro ás 17:00 h. “Sons, dende a túa cidade ata Bremen” Letras Vivas Animación. Casa da Cultura.
26 decembro Festival de Panxoliñas
27 de decembro ás 17:00 h. cine infantil “Prancer”
28 decembro Xogos populares, Alameda 16:00
29 de decembro ás 17:00 h. Contacontos “Unha de ratos na biblioteca” Letras Vivas Animación. De 3 anos en adiante. Biblioteca
30 de decembro ás 17:00, Cine infantil “El lince perdido” Auditorio Casa da Cultura.Premio “Goya a la mejor película de animación 2008” y Premio “Mejor película Festival Internacional ANIMADRID 2008”
3 de xaneiro Cine infantil “Blizzard, o reno máxico”
4 de xaneiro Ribafesta no Pavillón dos Deportes
7 de xaneiro ás 17:00 h. Cine infantil “El reino de los chiflados” Dobran a voz dos persoaxes Florentino Fenández (o Yeti) e Anabel Alonso (Sissi) e Josema Yuste..

jueves, 11 de noviembre de 2010

Actividades novembro

Este mes de novembro escomenzamos con unha exposición sobre o magosto. Fixemos un mural de fieltro coa figura da castaña presidindoo, e expoñemos libros que falen tanto da festa do magosto, como da castaña, do castiñeiro e incluso unha recopilación de recetas cuio ingredinte principal sexa a castaña. Estas son as fotos da exposición:





Por outro lado, o 12 de novembro teremos un obradoiro titulado "Coñece a Rosalia de Castro" do grupo Crearte, as 17:30 h. na Biblioteca. Nel, unha actriz-educadora encarna a unha Rosalía que rí, que xoga e que canta á Galicia, levándonos a un cho de palabras a través de xogos de creación literaria.